Benxamín – Tempada 2006-2007

Plantilla

Jorge
Iván
Raúl
Sergio
Enrique
Daniel García
Daniel Buño
Manuel
Gabriel
Alejandro
José

Resultados e clasificación

06-07-ale-cla106-07-ale-cla2

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN

17/03/2007 CAIXANOVA OAR “B” 0 (16) – CAIXANOVA XIRIA 8 (39)

Caixanova Xiria: Jorge (3), Iván (14), Raúl (3), Sergio (1), Enrique (), Daniel García (14), Daniel Buño (), Manuel (4).

Resultado por cuartos: 3 – 7, 4 – 7, 6 – 11, 3 – 14. (16 – 39) (0 – 8)

O Caixanova Xiria logrou unha nova vitoria ante o OAR no derradeiro partido de liga provincial benxamín que disputa, xa que a vindeira xornada é de descanso para os carballeses, por oito puntos a cero.

Comezou un pouco frío o equipo do Xiria que nos dous primeiros cuartos estivo a remolque no marcador e tivo que facer un esforzo importante para remontar o resultado adverso que tiña nos últimos minutos.

Despois do tempo de lecer todo cambiou e os rapaces carballeses estiveron moita máis centrados dende un inicio tanto en defensa coma en ataque impedindo por unha parte accións cómodas de lanzamento por parte dos coruñeses e doutra buscando sempre a mellor opción para o lanzamento do xogador desmarcado.

10/03/2007 CAIXANOVA XIRIA 5 (25) – CAIXANOVA OAR «A» 3 (19)

Caixanova Xiria: Jorge (3), Iván (4), Raúl (2), Sergio (3), Enrique (4), Daniel García(4), Daniel Buño (3), Manuel (2).

Resultado por cuartos: 6 – 7, 8 – 4, 4 – 1, 7 – 7. (25 – 19) (5 – 3)

O Caixanova Xiria amosouse moi irregular no partido que o enfrontou ao OAR en partido da liga provincial benxamín que se disputou en Carballo e que rematou con un apertado cinco a tres a prol dos carballeses.

Esqueceron o xogo colectivo ofensivo durante moito minutos os rapaces do Caixanova Xiria e isto traduciuse en moitas perdas de balón e innumerables faltas nas que caían por estar demasiado estáticos.

Mais non esqueceron que para ter bos resultados hai que defender e axudar ao compañeiro nestas tarefas, e aquí si que se viu un equipo traballando de maneira colectiva. Foi o que posibilitou a traballada vitoria do Xiria.

03/02/2007 EPAAT OLEIROS 0 (11) – CAIXANOVA XIRIA 8 (36)

Caixanova Xiria: Jorge (6), Iván (6), Raúl (4), Sergio (3), Enrique (4), Daniel García(4), Daniel Buño (3), Manuel (2), Gabriel (2), Alejandro (1), José (1).

Resultado por cuartos: 2 – 7, 1 – 9, 3 – 10, 5 – 10. (11 – 36) (0 – 8)

O Caixanova Xiria acadou unha nova victoria na liga benxamín provincial, desta volta enfrontouse en Carballo ao EPAAT Oleiros, que non puido facer fronte ao xogo despregado polos carballeses.

Novamente participaron no encontro os xogadores de primeiro ano, que pouco a pouco vanse adaptando a esta competición e amosando o seu saber estar, axudados en todo momento polos rapaces de segundo ano.

03/02/2007 CAIXANOVA XIRIA 6 (29) – LICEO LA PAZ 2 (23)

Caixanova Xiria: Jorge (6), Iván (7), Raul (3), Sergio (3), Enrique (2), Daniel García(5), Daniel Buño , Manuel (3), Gabriel, Alejandro, José.

Resultado por cuartos: 8 – 5, 10 – 3, 10 – 0, 1 – 15. (6 – 2) (29 – 23)

O Caixanova Xiria venceu ao Liceo La Paz tras imporse nos tres primeiros períodos e caer derrotado no derradeiro, en partido disputado no Pavillón do Areal de Camariñas.

De novo deixou unha boa impresión o conxunto carballés que amosou a súa mellor cara no segundo e terceiro período, no que deixou sen opcións ao Liceo. Non foi así o primeiro acto, presidido pola igualdade debido ao gran número de erros no lanzamento. No derradeiro cuarto caeu o conxunto do Caixanova motivado pola superioridade física dos opoñentes, xa que os carballeses tiveron en liza so a xogadores de primeiro ano que a pesar do marcador final deixaron unha moi boa impronta.

27/01/2007 A CURUXA 0 (2) – CAIXANOVA XIRIA 8 (52)

Caixanova Xiria: Jorge (4), Iván (14), Raul (9), Sergio (2), Enrique (9), Daniel García(8), Daniel Buño (6).

Resultado por cuartos: 0 – 16, 1 – 6, 0 – 19, 1 – 11. (0 – 8)

O Caixanova Xiria mostrouse moi superior ao seu rival no partido de liga provincial benxamín que se disputou o sábado no Pavillón San Francisco Javier da Coruña e no que se impuxo nos catro tempos (de oito minutos) disputados.

Dende o inicio viuse que non ía ter problemas o equipo carballés en imporse o seu rival que se amosou moi inferior en tódolos aspectos e no que se pode destacar a facilidade de facer gol por parte dos xogadores do Caixanova ante unha feble defensa amosada polo seu rival.

LALIN CUP (11/06/2007)

Excelente papel o realizado polo Caixanova Xiria benxamín na Lalín Cup 2007 que se disputou o pasado sábado en Lalín e na que os carballeses se proclamaron campións amosando unha notable superioridade fronte aos seus contricantes. Na final o Caixanova Xiria impúxose ao Teucro por 16-5.

Na categoría alevín os tres equipos do club, Caixanova Xiria A, Caixanova Xiria B e Caixanova Xiria C remataron nos postos 4º, 6º e 8º respectivamente, nunha competición na que o Lalín derrotou na final ao Teucro.

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña