Alevín Masculino – Tempada 2007-2008

CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN

07-08-ale
Durante todo o día do vindeiro sábado, 24 de maio, celebrarase na Coruña, Pavillón de San Francisco Xabier a Fase Final do Campionato Provincial Alevín. Participarán 8 equipos divididos en 2 grupos de 4 equipos cada un que se enfrontarán entre eles por sistema de liguilla a unha soa volta. Os dous primeiros de cada grupo disputarán as semifinais cruzadas. Salientar que o Xiria será o único club que conseguiu meter a dous dos seus equipos nesta fase final na que tomarán parte o Caixanova Xiria A e o Caixanova Xiria B. Durante a mañá e primeira hora da tarde disputarase a fase de grupos para despois dar paso ás semifinais e final.
Os grupos están distruibuidos da seguinte maneira:
– Grupo A: Caixanova OAR B, Caixanova Xiria A, Liceo La Paz e Bm Narón.
– Grupo B: Bm Oleiros A, Bm Pontedeume B, Caixanova Xiria B e EM Camariñas.


A igualdade foi a tónica dominante na categoría alevín no Campionato Provincial que se disputou na Coruña o pasado sábado. Ao final da fase clasificatoria o Caixanova Xiria A e Caixanova Xiria B ocuparon o primeiro posto de cada un dos grupos. As semifinais tiveron os seguintes enfrontamentos: Caixanova Xiria A – Bm Oleiros e Caixanova Xiria B – OAR
Na primeira semifinal caía derrotado o Caixanova Xiria A, hai que ter en conta que estaba composto na súa totalidade por rapaces de primeiro ano, que finalmente se alzaron co terceiro posto no Campionato.
Na segunda das semifinais o Caixanova Xiria B daba boa conta do OAR que caía na súa casa ante os carballeses que dominaron o encontro de principio a fin.
A final deparaba un duelo entre o Caixanova Xiria B e o Bm Oleiros que xa na fase previa empataran a catro puntos no encontro que os enfrontou.
Despois dun mal primeiro cuarto o conxunto carballés foi mellorando acadando o empate no segundo cuarto e a vitoria no terceiro. Chegábase polo tanto con empate ao derradeiro e definitivo cuarto no que ao Xiria valíalle co empate por mor da diferenza de goles. A mesa indicou aos xogadores carballeses que levaban unha vantaxe de dous goles faltando medio minuto para rematar o encontro, un gol do Oleiros e unha perda por parte do Xiria que se traducía en sete metros en caso de transformación supoñía a vitoria final do Caixanova, pero, nunha decisión sen precedentes, os encargados de levar a conta de goles variaron finalmente o marcador e deron por gañador ao Oleiros, nunha decisión sen precedentes e pouco ou nada deportiva. O segundo posto do cadro carballés debe de saber a vitoria para os rapaces do Caixanova Xiria B e tamén debería de valer de reflexión para a inexistente organización deste evento, o máis importante na categoría na provincia de A Coruña.

20/05/2008
TORNEO CAIXANOVA CIDADE DA CORUÑA ALEVÍN E BENXAMÍN
A pasada fin de semana disputábase no Pavillón de San Francisco Xabier da Coruña o Torneo Caixanova Cidade da Coruña nas categorías alevín e benxamín.
Na categoría alevín o Caixanova Xiria A acadaba o título gañando todos os seus partidos e tras imporse ao Pontedeume na final. O caixanova Xiria B remataba na terceira posición logo de que a organización do torneo variase sobre a marcha os cruces de semifinais para obrigar aos dous equipos carballeses a enfrontarse entre si, evitando así unha posible final entre os dous equipos do Xiria.

07-08-ale2

 

 

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña