Alevín Mixto – Tempada 2008-2009

Plantilla

AFRICLIBER XIRIA

_MG_6627

Andrés Barca Expósito
Daniel Buño Ares
Francisco Javier Corral Pose
Cristina Fuentes Lorenzo
Raúl García Seoane
Enrique Pena Pensado
José Pereira Rodríguez
Manuel Rodríguez Bello

 

CAIXANOVA XIRIA

_MG_6625

Iván Calvo Santos
Iván Campos Varela
Gabriel Castiñeiras Trigo
Patricia Cotelo Romero
Antón Díaz Sánchez
José Eiroa Facal
Borja Fuentes Taibo
Daniel García Veira

 

PUNTA DEL ESTE XIRIA

_MG_6622

Blanca Arán Pose
Jorge Brandón Carracedo
Alejandro Figueroa Santos
Diego Gago Fuentes 
Gabriel Nogales Rabuñal 
Manuel Rial Verdía 
Borja Rodríguez González 
Pablo Rodríguez Suárez 

Resultados e clasificación

CAMPIONATO TERRITORIAL ALEVÍN

Na categoría alevín, aínda que faltan por disputarse algúns encontros aprazados, o Caixanova Xiria acada o título logo de sumar 7 vitorias e tan só unha derrota nos oito partidos disputados. Ademais os outros dous equipos do Xiria, club que é o que maior representación presentaba, o Africliber Xiria e o Punta del Este Xiria, ocupan a 2ª e 3ª posición respectivamente, aínda que poderían perder un posto dependendo dos resultados do OAR A que ten dous partidos pendentes de disputar.

XORNADA 1 – 10/01/2009 ORGANIZADOR: BM. PONTEDEUME
Africliber Xiria Caixanova Xiria  1 – 7 (33-41)
Bm Oleiros A Punta del Este Xiria  2 – 6 (26-40)
Caixanova OAR B EM Camariñas
Bm Pontedeume.es Bm Oleiros B
Descansa: Caixanova OAR A
XORNADA 2 – 24/01/2009 ORGANIZADOR: E.M. CAMARIÑAS
Punta del Este Xiria Africliber Xiria  6 – 2
EM Camariñas Bm Oleiros A
Bm Oleiros B Caixanova OAR B
Caixanova OAR A Bm Pontedeume.es
Descansa: Caixanova Xiria
XORNADA 3 – 07/02/2009 ORGANIZADOR: ESC. BM. XIRIA
Caixanova Xiria Punta del Este Xiria  5 – 3 (30-18)
Africliber Xiria EM Camariñas  8 – 0 (51-9)
Bm Oleiros A Bm Oleiros B
Caixanova OAR B Caixanova OAR A
Descansa: Bm Pontedeume.es
XORNADA 4 – 28/02/2009 ORGANIZADOR: BM. ÁRTABRO
EM Camariñas Caixanova Xiria
Bm Oleiros B Africliber Xiria  2 – 6 (36-51)
Caixanova OAR A Bm Oleiros A
Bm Pontedeume.es Caixanova OAR B
Descansa: Punta del Este Xiria
XORNADA 5 – 15/03/2009 ORGANIZADOR: ESC. BM. XIRIA
Punta del Este Xiria EM Camariñas
Caixanova Xiria Bm Oleiros B  6 – 2 (43-32)
Africliber Xiria Caixanova OAR A  4 – 4 (31-36)
Bm Oleiros A Bm Pontedeume.es  8 – 0 (-)
Descansa: Caixanova OAR B
XORNADA 6 – 28/03/2009 ORGANIZADOR: O.A.R. CIUDAD 1952
Bm Oleiros B Punta del Este Xiria
Caixanova OAR A Caixanova Xiria
Bm Pontedeume.es Africliber Xiria
Caixanova OAR B Bm Oleiros A
Descansa: EM Camariñas
XORNADA 7 – 26/04/2009 ORGANIZADOR: ESC. BM. XIRIA
EM Camariñas Bm Oleiros B
Punta del Este Xiria Caixanova OAR A
Caixanova Xiria Bm Pontedeume.es
Africliber Xiria Caixanova OAR B
Descansa: Bm Oleiros A
XORNADA 8 – 16/05/2009 ORGANIZADOR: BM. ÁRTABRO
Caixanova OAR A EM Camariñas
Bm Pontedeume.es Punta del Este Xiria  0 – 8
Caixanova OAR B Caixanova Xiria  0 – 8
Bm Oleiros A Africliber Xiria  0 – 8
Descansa: Bm Oleiros B
XORNADA 9 – 30/05/2009 ORGANIZADOR: ESC. BM. XIRIA
Bm Oleiros B Caixanova OAR A  3 – 5
EM Camariñas Bm Pontedeume.es
Punta del Este Xiria Caixanova OAR B  0 – 8
Caixanova Xiria Bm Oleiros A  6 – 2
Descansa: Africliber Xiria

 

Crónicas

XORNADA 5 (Sede: Carballo)
14/03/2009 AFRICLIBER XIRIA 4 – CAIXANOVA OAR 4

Africliber Xiria 4: Francisco (1), José (1), Manuel, Andrés (2), Enrique (14), Raul (13), Daniel.

Caixanova OAR 4: Daniel (5), Diego (7), Marcos (3), Gonzalo (3), Carlos (10), Francisco (2), Nacho (6), Manuel.

Colexiados: Sr. Puñal.

Parciais: 13-14, 7-6, 7-6, 4-10. (31-36)

Quinta xornada da liga provincial alevín mixta que se disputou no Pavillón da Zona Escolar de Carballo ante un numeroso público dos diferentes equipos que se desprazaron á capital de bergantiños na maña do sábado. O partido comezou tarde xa que os xogadores do OAR, como ven sendo habitual, chegaron ao Pavillón ás 10:35 cando a hora e inicio estaba marcada ás 10:30.

O partido resultou moi igualado e disputado ofrecendo un bo espectáculo. Os dous equipos esgrimiron as súas armas, por unha parte o xogo rápido e a defensa presionante por parte dos carballeses mentres os xogadores do OAR trataron de impoñer a súa maior fortaleza e antropometría, chegando a defender os catro xogadores na súa liña de seis metros, feito prohibido polo regulamento da competición de minibalonmán e motivo polo que lograron unha ampla diferenza no derradeiro cuarto. Pero a pesar deste feito os xogadores carballeses non deixaron de pelexar no encontro e tratar de superar ao seu rival independentemente da diferenza no marcador.
14/03/2009 PUNTA DEL ESTE XIRIA – EM CAMARIÑAS

Caixanova Xiria –: Diego, Manuel, Gabriel, Jorge, Alex, Blanca, Pablo, Borja, Noelia

E. M. Camariñas –:

Colexiados: Sr. Rial

Parciais:

O partido da quinta xornada alevín da liga provincial que tiña que disputarse no Pavillón da Zona Escolar de Carballo non se chegou a xogar pola INCOMPARECENCIA da EM Camariñas, feito que se produce por segunda vez consecutiva nesta competición. Unha mágoa que os rapaces tanto dun coma doutro equipo non poidan ter a oportunidade de practicar o deporte ao que lle adican moitas horas ao longo do ano por feitos alleos ao club organizador desta xornada, as Escolas Balonmán Xiria.

14/03/2009 CAIXANOVA XIRIA 6 – BM OLEIROS “B” 2

Caixanova Xiria 6: Iván Calvo, Borja (1), José, Antón, Gabriel (6), Daniel (5), Iván Campos (25)

Bm. Oleiros “B” 2: Roberto (2), Sara, Lucas (1), Jorge (8), Rubén (23).

Colexiados: Sr. Puñal.

Parciais: 8-5, 14-10, 7-12, 14-5 (43- 32)

O partido entre o Caixanova Xiria e o Bm. Oleiros estivo marcado polo “enfrontamento” anotador entre Iván, por parte carballesa, e Rubén, por parte visitante. Mais é ben certo que as accións dos dous de lanzamentos eran froito do xogo dos seus compañeiros que lles daban opcións claras de lanzamento co seu xogo sen balón e pases acertados. Tampouco estiveron desatinados os porteiros dos dous equipos que parecían lle tiñan collida a medida aos outros compoñentes dos dous equipos que non eran capaces de acadar goles en situacións moi cómodas.

O partido decidiuse polas opcións de cambio de xogadores por parte carballesa que impuxo un ritmo de xogo moito máis alto que o seu rival neste encontro, xa que os visitantes chegaron á Zona Escolar sen xogadores de recambio e acabárono pagando nun derradeiro cuarto moi favorable aos xogadores do Xiria.

XORNADA 4 (Sede: Pontedeume)

28/02/2009 BM OLEIROS “B” 2 – AFRICLIBER XIRIA 6

Bm. Oleiros “B” 2 (36): Sara, Steven, Antón, Pablo, Rubén, Jorge, Javier.

Africliber Xiria 6 (51): Francisco, José, Manuel, Andrés, Enrique, Raul, Daniel.

Colexiados: Sr. Brais Puñal, cumpriu coa súa labor.

Parciais: 5–10, 9–14, 12–17, 12–10. (36 – 51)

Partido pertencente á 4ª xornada da Liga Territorial Alevín disputado no Pavillón Municipal da Casqueira en Pontedeume e que tivo unha clara cor carballesa nos dous primeiros cuartos, nos que o Africliber quixo e soubo frear aos rapaces do Balonmán Oleiros a través dunha defensa intensa que recuperaba balóns e permitía situacións rápidas e cómodas de lanzamento que non eran desaproveitados.

No terceiro cuarto mudou a actitude dos dous equipos, que se esqueceron de defender e o ceñiron todo aos ataques, xa que houbo momentos nos que parecía que se xogaba cun balón para cada equipo e que con lanzar á portería contraria xa era suficiente. Neste intercambio, de novo saíu mellor parado o equipo do Africliber que se anotaba dous novos puntos. Todo cambiou no derradeiro cuarto no que as gañas de conseguir puntuar levou ao Oleiros a ser máis agresivo no seu xogo mentres os carballeses esquecían as armas que lle permitiran controlar os dous primeiros cuartos e o resultado deste derradeiro cuarto foi favorable a quen mellor xogou ese tempo.

XORNADA 3 (Sede: Carballo)

07/02/2009 CAIXANOVA XIRIA 5 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 3

Caixanova Xiria 5: Diego, Manuel, Gabriel, Jorge, Alex, Blanca, Pablo, Borja, Noelia

Punta del Este Xiria 3: Blanca, Pablo, Alejandro, Diego, Gabriel, Jorge, Manuel, Borja.

Colexiados: Sr. Martín Rial, fixo un bo labor.

Parciais: 5 – 5, 11 – 2, 6 – 8, 8 – 3. (30 – 18)

Partido entre dous dos conxuntos que presentan na competición territorial alevín as Escolas Balonmán Xiria e que deparou un entretido encontro nos que uns e outros intentaron amosar as súas mellores cualidades para levarse os puntos en xogo no encontro.

Igualdade dende o inicio tan só rota no segundo cuarto onde o total desacerto dos lanzadores do Punta del Este, desta volta equipo visitante, puxo en bandexa os puntos para os seus rivais, no día de hoxe, do Caixanova. O terceiro cuarto retomou a igualdade e só se decidiu nos trinta segundos finais cun par de boas actuacións do gardameta do cadro visitante.

Finalmente o maior acerto cara á portería por parte dos compoñentes do Caixanova foi determinante para acadar a victoria, logo dun derradeiro cuarto moito máis disputado do que parece por mor do resultado de 8 – 3, acadado nos últimos dous minutos ante as presas dos xoves xogadores do Punta del Este.

07/02/2009 AFRICLIBER XIRIA 8 – EM CAMARIÑAS 0

Africliber Xiria 8: Francisco, José, Manuel, Andrés, Enrique, Raul, Daniel.

E M Camariñas 0: Sara, Karen, Yuli, Ismael, Daniel, Javier, Pablo

Colexiados: Sr. Brais Puñal, cumpriu co seu labor.

Parciais: 9 – 1, 8 – 3, 18 – 4, 16 – 1 (51 – 9)

A diferenza que reflicte o marcador final foi a mesma que se viu no terreo de xogo ao longo dos catros cuartos que se disputaron no Pavillón do CEIP Fogar namañá do pasado sábado. En ningún momento deu sensación o grupo de rapazas e rapaces de Camariñas de ter opcións de acadar un resultado positivo, pois ás diferencias físicas e antropométricas únese tamén un maior tempo de práctica do deporte do balonmán por parte dos carballeses.

Destacar as gañas que puxeron uns e os outros durante os corenta minutos de xogo e a deportividade coa que se empregaron.

XORNADA 1 (Sede: Pontedeume)

10/01/2009 AFRICLIBER XIRIA 1 – CAIXANOVA XIRIA 7

Africliber Xiria 1: Francisco, José, Manuel, Andrés, Enrique, Raul, Daniel.

Caixanova Xiria 7: Daniel, Gabriel, Antón, Iván Calvo, Iván Santos

Colexiados: Srs. Abeledo, cumpriu ca súa labor.

Parciais: 8 – 13, 8 – 9, 8 – 8, 9 – 11. (33 – 41)

Iniciouse o campionato provincial na categoría alevín mixta que se xoga na modalidade de minibalonmán e polo sistema de concentración, cada xornada xóganse nunha determinada sede todos os partidos desa xornada. Nesta primeira xornada disputada no pavillón da Casqueira en Pontedeume deparou o enfrontamento entre dous dos tres equipos que pon en liza as Escolas Balonmán Xiria.

Iniciou o encontro de xeito máis centrado o conxunto do Caixanova Xiria levándose con claridade e dun modo bastante sinxelo o primeiro cuarto. A maior concentración dos seus xogadores transformábase en lanzamentos cómodos tras recuperacións de balóns. Este feito pasoulle factura ao Africliber ao longo de todo o encontro no que foi a remolque dos seus compañeiros que estiveron máis atinados. A destacar a aportación na portería de Iván Calvo que foi un pesadelo para os seus compañeiros de adestramento.

10/01/2009 BM OLEIROS A 2 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 6

Bm Oleiros 2: Francisco, José, Manuel, Andrés, Enrique, Raul, Daniel.

Caixanova Xiria 6: Diego, Manuel, Gabriel, Jorge, Alex, Blanca, Pablo, Borja, Noelia

Colexiados: Srs. Abeledo, cumpriu ca súa labor.

Parciais: 5 – 12, 9 – 7, 5 – 12, 7 – 9. (26 – 40)

Tamén xogou en Pontedeume o Punta del Este Xiria no inicio da liga provincial marcado pola baixa temperatura que fixo que as rapazas e rapaces tardasen moito en entrar nos partidos.

Comezou moi forte o Xiria que baseándose nunha forte defensa coa que conseguía recuperar balóns que se transformaban en lanzamentos dende os seis metros sen máis oposición que o porteiro. Sen embargo no segundo cuarto cambiáronse os papeis e só a boa actuación do porteiro carballés privou ao Oleiros dunha máis ampla vitoria.

De volta do descanso veuse a mellor cara do Punta del Este, cos seus xogadores moi centrados en todas as facetas e só o desatino nos momentos finais do cuarto fixo que o Bm. Oleiros maquillase o marcador. Pero no derradeiro cuarto caeu en moitos erros de pase e recepción –situación que contaxiou aos rivais- e só o acerto de cara á portería no derradeiro minuto fixo caer os dous puntos para os carballeses.

No plano individual destacar a Diego que amosou o que pode facer cando está centrado no xogo coma no día de hoxe.

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña