Vitoria do Laber Xiria diante do Balonmán Chapela

Laber Xiria 32 – Balonmán Chapela  20 (17-12)

O Xiria cumpliu o guión impoñéndose a un correoso Chapela que se mantivo no encontro durante os primeiros 15 minutos.

Sabían da importancia do encontro os xogadores carballeses, sabían que tiñan que saír intensos dende o inicio, cerrar o centro da súa defensa e aproveitar calques perda en ataque do rival para anotar en rápidas contras.

Unha vez que reparou os axustes defensivos no centro da defensa, o Laber foi impoñendo a súa envergadura e facendo cada vez máis difícil que o rival atopase con facilidade a portería. No ataque o balón fluía atopando sentido nas accións e acadando goles en cómodas posicións de lanzamento.

Na segunda metade o Laber seguiu aplicándose en defensa e aproveitou para darlle máis velocidade ao equipo nas contras, o que foi incrementado a diferenza no marcador, en ataque posicional era capaz de buscar as mellores opcións de lanzamento.

Vitoria e dous importantes puntos para seguir loitando na clasificación.

Laber Xiria 32 (17): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 3, Andrés Urbieta 2, Manuel Sánchez 1, Andrés Vila 11, Roi Alfeirán 1, Renzo Díaz 1, Brais Vila, Iker Martínez 1, Alez Gómez 3, Iago Rincón 4, Dani Trigo 2 e Pedro Pereira 3.

Balonmán Chapela 20 (12): Ivan Gómez (porteiro) , Brais Deiro 3, Benjamín González 4, Samuel Sarandeses 6, Roi González, Manuel Delgado, Juan Gómez, Javier Lampón 2, Jonathan Rodríguez, Alex Sánchez 5, Nicolás Correa, Pablo Romero.

Marcador cada 5 min: / 5-3 / 6-5/ 7-7/ 12-9/ 15-12/ 17-12/ 19-12/ 22-14/ 25-16/ 27-18/ 30-19/ 32-20/

Arbitrou: Gabriel Folgoso, sen complicacións