Partidazos dos alevíns de E.BM.Xiria

Os tres  conxuntos masculinos alevíns de Escolas Balonmán Xiria, xogaron este pasado Sábado una xornada máis de BM5 na competición de Copa. Mentres o LK se desprazaba a Arteixo para disputar o seu encontro co conxunto local Gravados Calvo Arteixo, o Laber Xiria e o Telepizza Carballo Xiria, tiñan una confontación entre eles no CEIP Fogar.

Os rapaces do LK foron quen de firmar una vitoria por 0-8, e souberon superar as baixas de Aday por motivos familiares, Antón por lesión e Pablo, que foi xogar co equipo infantil de 2ª División. Inda que comenzaron dubitativos no primeiro cuarto, nos restantes, impuxeronse con autoridade e confianza no seu xogo, sobre todo en tarefas de ataque.

Pola súa banda, Telepizza Carballo Xiria e Laber, protagonizaron un auténtico partidazo, mostrando todos os rapaces una actitude e entrega sobresaintes. Inda que o Telepizza se impuxo por 7-1, sempre foron resultados por un só gol de diferencia, con un Laber combativo que se sobrepuxo as baixas de Brais por mor dunha vacinación e Erik, que foi convocado co conxunto infantil de 2ª.

Gravados Calvo Arteixo – LK Xiria: 0-8

1º cuarto: 9-10   2º cuarto: 7-12   3º cuarto: 8-9   4º cuarto: 7-11

LK Xiria: Miguel Cambón (7), Lucas Amado, Manu Muñoz (5),Marcos Varela (16), Diego Barbeira (4), Henrique Traba (10).

 

Telepizza Carballo Xiria – Laber Xiria : 7-1

1º cuarto: 8-7   2º cuarto: 7-6   3º cuarto: 9-9   4º cuarto: 10-9

Telepizza Carballo Xiria: Alex Tato (p), Angel Villar (7), Dani Bello (6), Manu Rey (6), Manu Pérez (6), Martín Cousillas (1), Xurxo Fraga (7), Andrés Pedreira (1).

Laber Xiria: Maxi Díaz (6), Marcos Amarelle (8), Hugo García (10), Nico Cancela (3), Álvaro García (4), Manuel García.