A falta de acerto lastra ao Goldie Xiria

Visita á pista do líder, para o Goldie Xiria. Un partido onde as porteiras serían as protagonistas e ao final gañou o equipo que menos erros cometeu. A diferenza de 6 goles, antóllase excesiva para o disputado que estivo o choque. Primeiros minutos marcados pola defensa do Goldie que non encaixou o seu primeiro gol ata o minuto 5; pero non conseguía referendar en ataque, o bo traballo defensivo que estaba a realizar. Tempo morto do adestrador local, para organizar o ataque vigués que era freado continuamente. Chegaban os cambios e unha pequena vantaxe no marcador para as locais, grazas a un maior acerto desde os 6 metros. Non se podía dicir; que non o estivesen intentanto as do Goldie; que unha e outra vez se atopaban coa porteira de Carballal.Ao descanso chegábase con 10 a 6.
A continuación; a tónica do encontro sería a mesma. Bo labor defensivo; que permitiu achegarse a dous goles; pero unha exclusión de Sheila faltando 6 minutos, acabou coas esperanzas de vitoria para as Goldie; xa que aproveitou Carballal; a superioridade para sentenciar o partido e levar os dous puntos.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Loureiro ante un centear de seareiros. Colexiados: José Ángel Rodríguez e Patric Espada do colexio galego.

A.D. CARBALLAL 21 ( 10 + 11 ): Laura Carracedo, Irene Mallo, Alba Rodríguez, Patricia Vila, Uxía Alonso, Carla Soto, Ana Mateo, Cynthia Bello, Laura Costas, Julieta Álvarez, Andrea García, Paula Alonso, Xulia Pereira, Sara Villarroel, Carla Caride, Yaiza Terleiro.

GOLDIE XIRIA 15 ( 6 + 9 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena, Alba Rodríguez, Támara Pombo, Natalia Solís, Jessica Posse, Saray Couto, Soraya Martínez, Elena Segade, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez, Zeltia Landeira.