A fase Final alevín, pon o peche á tempada

A fase final alevín de balonmán 5, disputada o pasado sábado en Camariñas, puxo fin á tempada 2106/17 nesta categoría. Os tres conxuntos de Escolas Balonmán Xiria: LK Xiria, Laber Xiria e Xiria Telepizza Carballo, que conseguiran a clasificación para este evento despois de ocupar os tres primeiros postos do grupo Oeste na liga regular, disfrutaron dun día de balonmán e convivencia deportiva onde a ilusión e tamén os nervios, estiveron presentes en todo momento. No referinte a clasificación, o LK puido alzarse co terceiro posto da clasificación, conseguindo así a medalla de bronce con tan só un partido perdido ao final do evento contra o Culleredo Paxariñas, que ao cabo se proclamaría primeiro clasificado. Os compañeiros do Laber Xiria e Xiria Telepizza Carballo, ocuparían a sexta e oitava praza da táboa calsificatoria e cederían o quinto e sétimo posto respectivamente, unicamente polo golaverage. Con isto, péchase unha tempada ilusionante onde os alevíns de Xiria puideron gozar dunha competición de BM7 e outra de BM5, rendendo a bo nivel e estando sempre coqueteando cos postos altos das táboas clasificatorias. Agora, non queda máis que rematar os adestramentos e prepararse para seguir mellorando e aprendendo a través do deporte e iso será xa, para a tempada 2017/18.

Fotos da fase final:

IMG_20170520_201008

IMG_20170520_194219

IMG_20170520_194359

IMG_20170520_194422

IMG_20170520_194429

IMG_20170520_195450

IMG_20170520_195858

IMG_20170520_195822