A. Leonardo Coopemovil 27 – Calvo Xiria 21

Non se lles dan ben os desprazamentos longos ó equipo carballés e como mostra a derrota apañada en Colindres. O avultado marcador final non é reflexo do acontecido na escorregadiza pista cántabra, pois a falla de dous minutos os visitantes perdían por 2 tantos e conservaban opcións no partido. Así e todo, sendo honestos, o Xiria non mereceu a victoria e disputou o peor encontro da tempada, as baixas por traballo e estudios non axudaron e Juan Fernández mesmo tivo que convocar ó lesionado Martín para poder inscribir doce xogadores. Unha mala defensa ante un conxunto sen lanzamento exterior e ataques precipitados foron clave no desenlace da contenda. Se cadra o único destacable foi a extraordinaria actuación de Víctor na portería que mantivo vivos ós de Carballo no electrónico.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria:

Villa , Marcos ( 7 ), Fernando ( 6 ), David ( 2 ), Alberto ( 2 ), Gvazava ( 1 ) e Sergio ( 1 ) – equipo inicial – Víctor, Javi ( 1 ), Alfonso ( 1 ), Mario ( ) e Martín ( ).

 

– Polo A. Leonardo Coopemovil:

Santi, Bruno ( 7 ), Pico ( 7 ), Ángel ( 2 ), Cruz ( 2 ), Sarabia ( 1 ) e García ( 5 ) – equipo inicial – Gonzalo, Mario ( ), Sañudo ( 1 ), David ( 2 ), Veci ( ) e Amutio ( ).

Marcador cada 5 minutos

4-3 / 7-3 / 9-4 / 10-5 / 12-9 / 13-10 / 15-12 / 17-15 / 18-17 / 22-19 / 23-20 / 27-21

 

Os colexiados burgaleses Sres. Alcalde e Quiza, aínda que algo caseiros cumpriron coa súa labor.