A semana da reciclaxe nas Escolas de Verán Xiria ven cargada de actividades

As Escolas de Verán Xiria chegan á súa recta final cunha semana dedicada á reciclaxe, onde os nenos e nenas terán diversas actividades relacionadas con este campo, como a visita á Planta de Tratamento de Residuos de SOGAMA (Cerceda) ou unha xornada con xogos feitos de material reciclado.

Os grupos 4, 5 e 6 visitarán as instalacións de SOGAMA mañá Xoves, onde poderán ver de primeira man o tratamento que reciben os residuos que chegan a esta planta e onde uns guías especializados lles explicarán todo o relativo ao procesamento e separación do lixo recollido en boa parte da provincia de A Coruña.

http://www.sogama.es/es/info/visitas-las-instalaciones

 

O Venres día 28 os máis pequenos tiveron unha xornada de xogos construídos por eles mesmos con material reciclado: Caixas de cartón, botellas de plástico, bricks, son só algún exemplo do material empregado, que, cun pouco de imaxinación, remataron por converterse nun divertido xoguete.

Os máis maiores foron os constructores dos xogos cos que xogarían logo os máis pequenos, e puxeron na súa creación todo o seu inxenio e creatividade.