Adrián Dubra será o segundo adestrador da Selección Galega Xuvenil Masculina

Adrián Dubra (Carballo, 26/06/1986) é dende o pasado luns o segundo adestrador da Selección Galega Xuvenil Masculina.
Adrián Dubra, recibiu a chamada dende a a área técnica da Federación Galega de Balonmán para asumir o cargo de cara ao vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se levará a cabo na provincia de Pontevedra do 2 ao 7 de xaneiro de 2018.
Adrián traballará codo con codo co seleccionador Óscar Arosa (C.B. Cisne) e o delegado Ismael Lago (C.B. A Cañiza), a selección o ano pasado acadou un exitoso e histórico segundo posto no campionato celebrado en 2017 en Cataluña.

Adrián Dubra na presente tempada está a adestrar varios equipos de base das E.B. Xiria e ao equipo sénior de 2ª autonómica feminina, os últimos dous anos clasificouse para o Campionato de España de clubs c equipo infantil masculino.

Ignacio Permuy, responsable técnico da Federación Galega de Balonmán comentou: “hai tempo que viñamos a seguir o bo traballo que Adrián está a realizar na base, acaba de acadar o título de adestrador nacional, é un técnico con carácter e con moito compromiso, pensamos que pode aportar moito á selección, estamos moi contentos coa súa incoporación”.

Adrián incorporarase ao traballo cos seus novos compañeiros o vindeiro domingo 5 de novembro en Pontevedra, e terá á súa disposición ao carballés Andrés Vila, que se atopa entre os preseleccionados.
 dubra