ASESORÍA SUEIRO XIRIA 20 – Esc. Mpal. Camariñas 18

18/02/2004 3ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 2 ), Fernando ( 1 ), Dubra ( 5 ), Chimpo ( 5 ), Carlos ( 4 ), Pablo ( 1 ) – equipo inicial – Miguel, Alberto, Bruno, Hugo, Queco ( 1 ), Alejandro ( 1 ), Gonzalo.

ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Cristian, Anxo ( 4 ), Fabián ( 3 ), Borja ( 3 ), Felipe ( 1 ), Alberto ( 4 ), Iago ( 3 ) – equipo inicial – Víctor, Tedín, Jesús, Manuel, Sergio.

O Asesoría Sueiro Xiria sufriu para conquerir a terceira victoria consecutiva na liga galega xuvenil ante o Escola Municipal Camariñas cun resultado final de 20 a 18.

Non foi, nin moito menos, un bo partido o que se viu no Pavillón do Bergantiños entre dous equipos que xa se coñecen á perfección e no que os puntos en xogo foron calificados de vitais por parte dos adestradores de ámbolos dous conxuntos, polo bando camariñán os achegaría as dúas primeiras prazas coa garantía de recibir na segunda volta os dous equipos que marchan agora no alto da taboa; mentres que por parte carballesa os mantería na primeira praza e coa moral ben alta para os próximos encontros ó tempo que alonxa a un rival directo para ocupar o primeiro posto na clasificación final. Notouse toda esta tensión acumulada que se refrectiu nas dificultades para marcar por parte dos dous conxuntos que tiñan moitas dificultades para superar as defensas e cando eran quen de facelo atopaban muros infranqueables nas porterías ( aspectos que se fixeron notar mais no segundo tempo no que o parcial foi 9 – 7 favorable os carballeses).

Na vindeira xornada o Asesoría Sueiro Xiria desprázase a Lalín para disputar a cuarta xornada da liga galega no Pavillón Municipal as 20:00 horas.

2-1 / 4-2 / 6-3 / 8-4 / 9-8 / 11-11/ 12-11 / 14-14 / 15-16 / 17-16/ 18-17/ 20-18

O colexiados Srs. Isaac Lago e Inocencio Pérez tiveron unha actuación regular que non convenceu a ningún dos dous equipos.