ASESORÍA SUEIRO XIRIA 24 – BALONMANO FERROLTERRA 19

19/10/2003 1ª XORNADA

Primeiro partido da Fase Territorial da competición xuvenil, aspecto que se fixo notar no desenrolo do encontro con erros por parte dos dous equipos motivados pola falta de rodaxe en competición.

Os primeiros minutos caracterizaronse polo intercambio de goles, ate que o equipo local impuxo un maior ritmo á súa defensa. Gracias a iso conseguíu lanzar contragolpes que se traducían en lanzamentos cómodos dende a liña de 6 metros. Na segunda metade os visitantes estrelaronse contra unha forte defensa que lles impedía atopar posicións cómodas de lanzamentomentra que o conxunto carballés non aproveitaba os balóns que recuperaba polo que se mantivo a incertidumbre no marcador ata os minutos finais. No bando local debutaron en competición tódolos compoñentes da plantilla agás Gonzalo que se está recuperando dun esguince de nocello.

Nas bancadas deixouse notar o apoio cara o equipo local, animado ó longo dos sesenta minutos polos seus incondicionais.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Roger, Bruno, Cuco, Fernando ( 9 ), Hugo ( 2 ), Pablo ( 3 ), Dubra ( 1 ), Chimpo ( 4 ), Álex, Quique, Carlos ( 5 ), Queco e Alberto.

BALONMANO FERROLTERRA: Sergio, Pablo, Pedro, Correa, Dopico, Juan J. ( 3 ), Juan, Adrián ( 5 ), Daniel ( 3 ), Menéndez ( 6 ), Javier e Eloy.

O colexiado galego Sr. Santos Dobaño estivo regular, non influindo no resultado.