ASESORÍA SUEIRO XIRIA 26 – E. M. Camariñas 24

19/03/2005 8ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco ( 2 ), Queco, Hugo ( 3 ), Cristophe ( 3 ), Carlos ( 4 ), Chimpo ( 3 ) – equipo inicial – Anxo ( 2 ), Alex ( 1 ), Alberto ( 1 ), Aitor ( 1 ), Gonzalo ( 6 ), Rodrigo, Miguel.

E. M. CAMARIÑAS: Cristian, Tino ( 2 ), Javier ( 5 ), Alberto ( 9 ), Tedín ( 1 ), Mas ( 1 ), Fabián ( 6 ) – equipo inicial – Cristian, Adrián, Sergio, Jesús, Manuel, José.

Partido que serveu para inaugura-lo novo Pavillón da Ponte do Porto. O Asesoría Sueiro Xiria acadou unha victoria ante o E. M. Camariñas por 26 goles a 24, 11 – 10 no descanso en partido correspondente á oitava xornada da liga galega.

Partido falto de motivación por parte dos dous equipos e que se notou na cancha nun partido de guante blanco e que so a actuación dos dous colexiados, “ ían aplicar o regulamento o pe da letra”, conseguiu quentar en certos momentos.

Non sairon centrados os carballeses que caeron de novo nos erros de pasadas xornadas, pretendendo solucionar o encontro de maneira individual e cunha defensa que escatimou demasiados esforzos. A segunda metade corría polo mesmo sendeiro ata que,con todo-los xogadores de primeiro ano na pista, subiu a intensidade e conseguiron unha máxima diferencia de sete goles, pero demasiadas precipitacións nos derradeiros dez minutos fixeron que o marcador se fose asustando ata o definitivo 26 a 24.

Esperemos que nas duas xornadas que restan de liga a imaxe do Xiria mellore e demostre, a sí mesmo e os seus siareiros, o verdadeiro nivel de xogo que posue.

Os colexiados Srs. Rodríguez e Sanmartín aplicaron un regulamento de balonmán descoñecido ata o de agora.