ASESORÍA SUEIRO XIRIA 26 – ESC. MPAL. CAMARIÑAS 23

16/12/2003 8ª XORNADA

O Asesoría Sueiro Xiria proclamouse este fin de semana campión da Liga Territorial tras derrotar ó Esc. Mpal. de Camariñas por 26-23, encontro pertencente á derradeira xornada de liga que se disputou no Pavillón Bergantiños de Carballo diante duns 250 espectadores.

Sairón fortes os pupilos de Marcos Rodríguez e, cunha forte defensa e un ataque no que os extremos carballeses desbordaban continuamente á defensa 3-3 plantexada polo técnico visitante Pascual para frear á primeira liña carballesa, pronto conseguiron abrir brecha no marcador, que chegaría a ser de seis goles. Tralo cambio defensivo Pouco a pouco os camariñáns foron mellorando e coa gran actuación de Felipe conseguiu chegar ó descanso con só tres goles de desvantaxe, 15-12.

Na segunda parte voltou a suceder o mesmo, saída moi forte dos de Carballo que voltaron a abrir brecha no electrónico que se estivo movendo sempre entre 4 e 7 goles. Non podían os camariñán frear nin á primeira liña carballesa perfectamente dirixida por Chimpo e e a maxia de Pablo e os lanzamentos de Fernando, nin á segunda onde o traballo de Cuco no pivote e as individualidades de Carlos e Dubra nos extremos destrozaban continuamente á defensa rival. Un derradeiro arranque de empuxe dos de Camariñas, liderados novamente por Felipe, meteu o medo no corpo ó Xiria e conseguiron achegarse á 2 goles de diferencia, pero ó final os carballeses souberon levarse a victoria por alomenos 2 goles de renda e consegui-lo título. Parabéns a tódolos compoñentes do Asesoría Sueiro Xiria polo título acadado e tamén para Pasqui e os seus rapaces que conseguiron clasificarse xunta cos carballeses para o Campionato Galego.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Carlos (9), Fernando (7), Cuco (3), Dubra (2), Pablo (3), Chimpo (2) Alejandro, Queco, Miguel, Gonzalo, Bruno, Hugo, Alberto, Roger.

ESC. MAPAL. CAMARIÑAS: Cristian, Manuel, Fabián, Alberto Tedín, Felipe (9), Borja (5), Iago (3), Albino, Víctor, Alberto (3), Jesús (1), Miguel Anxo (2).

O colexiado Sr. Flores tivo unha corecta actuación.