ASESORÍA SUEIRO XIRIA 26 – S. D. Teucro 27

27/02/2005 5ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco ( 3 ), Queco, Hugo ( 1 ), Cristophe ( 2 ), Carlos ( 8 ), Chimpo ( 6 ) – equipo inicial – Miguel Díaz, Alex, Alberto, Aitor, Gonzalo ( 4 ), Rodrigo ( 2 ), Miguel.

S. D. TEUCRO: Miguel, Marcos ( 6 ), José ( 3 ), Adrián ( 4 ), Alberto ( 7 ), Ignacio ( 1 ), Alexander ( 6 )– equipo inicial – Pablo, Santiago, Abel, Serguei, Borja, Ricardo.

O Asesoría Sueiro Xiria caeu derrotado ante a S. D. Teucro por 26 goles a 27 ( 11 – 11 no descanso ), en partido correspondente a quinta xornada da liga galega xuvenil masculina disputado no Pavillón da Zona Escolar.

Entretido encontro o xogado este domingo en Carballo, con constantes alternativas no marcador e no xogo e que ó final caeu do lado pontevedrés que se afianza na primeira posición da táboa con dez puntos, mentres os carballeses ocupan o segundo posto empatados a seis puntos con Bm. Lalín. Deste xeito comprícase notablemente as opcións de defender o título de campión galego obtido a tempada pasada.

Comenzou ben no aspecto defensivo o Xiria, controlando perfectamente a primeira liña do Teucro e mantivo esta eficacia ó longo de toda a primeira metade, pero baixou claramente a intensidade defensivo nos segundos trinta minutos, nos que despistes graves levaron a encaixar dezaseis goles, demasiados visto o ataque pontevedrés e coñecendo as posibilidades defensivos dos locais. No aspecto ofensivo foi onde máis dificultades tiveron os carballeses, empeñados en resolver o máis rápido posible o seu ataque. Sen embargo cando tivo paciencia e moveu o balón obtivo ocasións clarísimas de gol, moitos delas estragadas pola mala finalización.

Chegou o partido empatado os derradeiros quince minutos e foi aquí onde o matiz arbitral decantou o encontro para o equipo visitante, con decisións que alporizaron ó público que acudiu en masa a presenciar o choque. O que nun lado do campo se convertía con extraña facilidade en exclusións e lanzamentos de sete metros na outra área, por accións mais graves, saldábase cun mero golpe franco. Mais esperemos que os xogadores do Asesoría Sueiro aprendan a lección e non se volvan a deixar descentrar polos colexiados, xa que tras o visto na pista, poderían ter conseguido a victoria se estuvesen únicamente centrados no seu xogo que aparentou en todo momento ser superior o do equipo rival.

Os colexiados Srs. Pérez e Lorenzo cometeron erros de apreciación durante os trinta primeiros minutos que se repartiron entre os dous equipos, mais na segunda metade o sol debeunos cegar o só vían as faltas cometidas polo equipo local, mentres o Teucro tiña carta verde na sua defensa para operar por encima do regulamento.