ASESORÍA SUEIRO XIRIA 27 – Magope Seis do Nadal 14

04/02/2004 1ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Alejandro ( 1 ), Fernando ( 4 ), Dubra ( 9 ), Pablo ( 3 ), Hugo, Chimpo ( 6 ) – equipo inicial – Miguel, Gonzalo, Bruno ( 1 ), Roger, , Alberto ( 1 ), Queco ( 2 ), Cuco.

MAGOPE SEIS DO NADAL: César, Daniel ( 1 ), Rodrigo, Paulino ( 1 ), Álvaro ( 8 ), Pazo, Alexandre ( 2 ) – equipo inicial – Jorge, Adrián, Cristóbal ( 2 ), Javier, Marcelo, López.

Comezou a liga galega xuvenil co equipo do Asesoría Sueiro Xiria conquerindo unha cómoda victoria ante o Magope Seis do Nadal feble rival que nos primeiros intres do encontro puxo contra as cordas o conxunto carballés.

O arranque dos locais foi do peor de todo o ano, só comparable cos primeiros minutos contra o Tirso. Sen embargo en canto os xogadores carballeses se centraron no partido as diferencias non fixeron máis que crecer, e iso sen despregar un xogo propio da calidade que se lles supón.

Dende o minuto quince da primeira parte o conxunto visitante sufriu para seguir sumando tantos, mentres os locais aproveitaban rachas de boas defensas para anotar goles en contraataque.

A vindeira semana toca viaxar a Cangas, segundo clasificado da liga territorial sur, no que vai ser a primeira pedra de toque para o Xiria. O partido presentase moi igualado e no que a concentración e a entrega van a ser pezas fundamentais para ir acercando pouco a pouco o obxectivo final de quedar campión galego.

0-2 / 1-3 / 2-4 / 4-5 / 7-5 / 10-5 / 12-6 / 15-8 / 18-10 / 20-12 / 24-13 / 27-14

Os colexiados Srs. José A. Sanmartín e David Rodríguez tiveron unha boa actuación.