ASESORÍA SUEIRO XIRIA 29 – TIRSO DE MOLINA 23

15/1/2005 10ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Cuco ( 2 ), Queco ( 3 ), Hugo ( 2 ), Cristophe ( 1 ), Carlos ( 4 ), Rodrigo ( 3 ) – equipo inicial – Iván, Miguel Díaz , Alex, Alberto, Chimpo ( 12 ), Aitor ( 2 ), Gonzalo.

TISO DE MOLINA: Alejandro, Enrique ( 5 ), Jesús ( 9 ), Pablo ( 1 ), Hugo ( 1 ), Alvaro ( 2 ), José ( 5 )– equipo inicial – Iago, Andrés, Francisco, Eneko, Rafael.

O Asesoría Sueiro Xiria acadou o campionato territorial xuvenil masculino tras imporse no derradeiro encontro ó Tirso de Molina por 29 goles a 23 ( 17 – 13 no tempo de lecer), co cal pasan o campionato galego o cadro carballés e o Camariñas.

Encontro controlado durante os sesenta minutos polo Xiria aínda que non se marchou no marcador ata os dez últimos minutos. Na pista notouse a diferencia entre os dous equipos e só a falla de madurez dos carballeses, ó verse superiores, evitou que o partido se rompese dende o primeiro intre xa que o Tirso xogou sabedor da necesidade que tiña da victoria e isto foi na súa contra nos momentos claves do encontro.

Comeza o día 30 o campionato galego no que o cadro do Asesoría Sueiro deberá dar moito máis de si, en entrega na pista e concentración, se pretende ocupar unha das prazas alta da táboa clasificatoria. Xunta cos carballeses participarán no Campionato Galego o Cisne, Teucro, Bueu, Lalín e Camariñas.

O colexiado Sr. Sanmartín Rodríguez non estivo moi centrado no encontro e cometeu erros moi graves a hora de sancionar disciplinariamente os dous equipos.