ASESORIA SUEIRO XIRIA 33 – S. D. TEUCRO 29

Asesoría Sueiro Xiria: Iván, Cristophe ( 8 ), Aitor ( 3 ), Gonzalo ( 6 ), Óscar ( 1 ), Joaquín ( 6 ), Javier ( 5 ) – equipo inicial – Manuel ( 2 ), Diego, José Luis, Iago, Anxo ( 2 ).

S. D. Teucro: Miguel, Sergio ( 6 ), Pablo ( 2 ), Borja ( 2 ), Serguey ( 5 ), Ricardo ( 4 ), Ignacio ( 6 ),– equipo inicial – Omar ( 1 ) , Rubén ( 1 ), Gómez ( 1 ), Juan ( 2 ).

Colexiado: O colegiado Sr Pérez non influiu no marcador final.

O Asesoría Sueiro Xiria venceu a S. D. Teucro no derradeiro partido da Liga Galega Xuvenil por 33 a 29 goles, 15 – 13 no descanso. Resultado que lle dou o segundo posto definitivo e con él o billete para participar no campionato de España.

Comezou con nervos o partido no bando carballés, que se transformaban en erros de lanzamento, situación que xenerou ventaxa de dous goles para o Teucro, mais pasados os primeiros cinco minutos e xa apousentados no campo os xogadores do Asesoría Sueiro colleron o mando no marcador e xa non o cederon no resto do encontro. A primeira parte foi máis igualada con vantaxes de ata catro goles para os locais que se reduciron cando se chegaba ao tempo de lecer por mor dunha exclusión.

O segundo tempo non tivo cor, e o Xiria colleu ata nove goles de renda, situación que provocou un relaxamento de máis, ata no colexiado que excluiu catro veces aos locais por ningunha aos pontevedreses e motivos para sufrilas tiveron. Este feito aproveitouno o Teucro para adecentar o marcador.

Agora espera o Campionato de España no que esperamos que a imaxe do Asesoría Sueiro Xiria sexa, mási alá do resultado final, coma a desta fin de semana, un equipo centrado e metido nos encontros ao cen por cen.