ASESORÍA SUEIRO XIRIA 35 – Bm. Lalín 14

29/03/2004 9ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 6 ), Fernando ( 3 ), Dubra ( 4 ), Chimpo ( 1 ) , Carlos ( 6 ), Pablo ( 8 ) – equipo inicial – Miguel, Bruno ( 1 ), Hugo ( 1 ), Queco , Alberto, Alejandro ( 5 ), Gonzalo.

BM. LALÍN: David, Alberto ( 2 ), Porto ( 8 ), Luis, Guillermo, ( 2 ), Roberto ( 1 ), Pablo ( 1 ) – equipo inicial – Eduardo, Alexandre, José, Miguel, Alberto.

O Asesoría Sueiro Xiria reencontrouse coa victoria ante o Bm. Lalín, partido no que conqueriu unha cómoda victoria por 35 – 14.

Non empezou ben o cadro carballés, víctima das súas precipitacións e da ansiedade por gañar o encontro pola máxima diferencia posible. Foi tras un tempo morto cando o conxunto do Xiria comezou a realizar unha forte defensa e a correr rápidos contragolpes, tónica que se mantivo ó longo do resto do partido. So a falta de acerto nos lanzamentos durante os primeiros trinta minutos privaron ó conxunto local dunha maior goleada.

Mención especial merecen os segundos trinta minutos nos que cun parcial de 19 – 5 recuperaron os carballeses a primeira praza do Campionato Galego Xuvenil.

Mais todo vaise decidir na derradeira xornada, na que o cadro do Asesoría Sueiro Xiria tense que desprazar a Vigo para xogar có Academia Octavio, en partido no que se vai a decidir cal dos dous equipos pasa a seguinte fase. Esperamos que a imaxe ofrecida nesta xornada nos segundos trinta minutos sexa a que vexamos ó longo de todo o partido o vindeiro Domingo para cumprir o obxectivo de acadar o primeiro posto definitivo.

2-2 / 7-2 / 9-4 / 11-6 / 13-7 / 16-9 / 19-9 / 22-9 / 23-12 / 27-12 / 30-13 / 35-14

Os colexiados Srs. Vicente Pérez e José I. Pereira non mediron ós dous conxuntos co mesmo raseiro e impediron que a diferencia final fose maior.