ASESORÍA SUEIRO XIRIA 42 – C.B. TECHNOVIDEO PONTEDEUME 4

13/11/2003 4ª XORNADA

O Asesoría Sueiro Xiria conqueríu dous novos puntos na 4ª xornada da Liga Xuvenil ó derrotar ó C.B.Technovídeo Pontedeume por 42-4. Desta volta o o rival que tivo enfronte demostrou moitas carencias no seu xogo e non houbo ningún tipo de incertidume no electrónico, decantado do bando carballés dende o primeiro minuto de xogo. Cabe destacar que os locais mantiveron a concentración ó longo dos 60 minutos de xogo a pesares do abultado do tanteo. Manter este nivel está a ser posible debido ó compensada que está a plantilla e a implicación e motivación de todos e cada un dos seus integrantes.

Despois deste resultado, a moral dos xogadores do Xiria está no mais alto para afrontar o duelo comarcal deta fin de semana fronte á Escola Mpal. de Camariñas, no que se vai a decidir o campión da 1ª volta da liga. Será clave neste encontro manter a concentración e a intensidade dende o pitido inicial ata o derradeiro minuto do choque. Non faltará motivación en ningún dos dous planteis, que sempre dan o mellor de si mesmos nos xa clásicos Xiria-Camariñas.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 8 ), Fernando ( 2 ), Pablo ( 2 ), Adrián ( 3 ), Chimpo ( 8 ), Carlos ( 5 ) -equipo inicial- Miguel, Roger ( 3 ), Hugo, Queco ( 4 ), Álex ( 2 ), Alberto ( 2 ) e Gonzalo ( 3 ).

C.B. TECHNOVIDEO PONTEDEUME: Diego, Borja, Sergio, Jesús, Antonio ( 2 ), Hector ( 1 ), Roberto -equipo inicial- Javier, Alejandro, Pablo, David ( 1 ), Víctor.

3-0 / 6-1 / 8-1 / 12-2 / 14-2 / 17-2 / 21-3 / 24-3 / 30-3 / 33-4 / 38-4 / 42-4

O colexiado Sr. Santos Dobaño tivo unha actuación sen complicacións.