Última partido antes do parón de Nadal, e nin máis nin menos que unha xornada especial para despedir este 2020. O Calvo Xiria xoga a domicilio no pavillón San Francisco Javier o sábado ás 19:45, no derbi provincial de primeira nacional fronte ao Oar Coruña.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria, leva o tempo do partido cun gran ataque posicional, onde a conexión da primeira liña e a segunda foi brillante; sumado á mellora notable na faceta defensiva, fíxose cunha vitoria diante dun conxunto vigués, que relou a un gran nivel na tarde do sábado.… Seguir lendo >>
Chegados á xornada 11 da liga; o Calvo Xiria disputa o seu último partido na casa neste 2020; faino fronte ao U.b Lavadores de Vigo, un equipo renovado e xoven; en plena reconstrución; cun novo adestrador, que vai a máis co paso das semanas.… Seguir lendo >>
Debe estar satisfeito o Calvo Xiria, gañando diante dun Bm Tejina que propuxo un xogo agresivo e intenso rozando os límites, baseado na súa defensa 6:0. Pero non se engurrou un Xiria, que tivo que empregarse a fondo e a pesar de non estar suficientemente acertado en defensa soubo xogar para gañar.… Seguir lendo >>
Esta fin de semana o Calvo Xiria viaxa por segunda vez ás Illas Canarias. Desta volta, faino a Tenerife para enfrontarse ao Bm Tejina La Laguna. Un partido de polos opostos, o Tejina busca a permanencia e o Xiria busca o título.… Seguir lendo >>
Unha vitoria do Calvo Xiria que se sostivo nunha excelente primeira metade, onde parecía que o partido estaba sentenciado, aínda que o exceso de relaxación permitiu ao Vecindario poñerse a só dous goles, pero os minutos finais dominados polo Xiria déronlle a vantaxe final.… Seguir lendo >>
O sábado ás 20:00, o Vila de Noia ten unha nova cita na que será a xornada 9. Enfróntanse o Calvo Xiria e o VitaldentVecindario que voará desde Gran Canaria. Un equipo recentemente ascendido á categoría, que lle custou arrincar no debut, no seu obxectivo pola permanencia, pero co paso das semanas creceu e mira a cotas máis altas con equipos que agora están na media táboa.… Seguir lendo >>
Dous puntos valiosos contra un equipo ben estruturado; iso foi o que conseguiu o Calvo Xiria na pista do Bueu. Xogou mellor que o seu rival e recompúxose do mal inicio da segunda metade, mellorando en ataque posicional.
O inicio do partido, foi para o Calvo Xiria que dominou a través da defensa.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria xoga a domicilio, o sábado ás 19:00 no pavillón Pablo Herbello, contra o Bueu Atlético Balonman. Pista histórica de primeira nacional, e equipo competitivo e que con traballo quere aspirar a cotas maiores cada ano; por tanto un rival que lle poñerá as cousas difíciles a un Calvo Xiria que se prepara a conciencia para a disputa deste encontro.… Seguir lendo >>
Sabía o Calvo Xiria do perigo deste partido cun rival con moito oficio sobre o Vila de Noia. O Balonmano Ingenio xogou mellor e levou os dous puntos para igualar a zona alta da clasificación.
Saían con forza os dous conxuntos; bo ritmo de partido e igualdade no marcador para empezar medindo forzas entre uns e outros.… Seguir lendo >>