Todas las entradas de Adrián Dubra

O Calvo Xiria máis sólido gaña en Culleredo

O derbi provincial entre o Sweepend Culleredo e o Calvo Xiria finalizou con claro triunfo carballés por 26-38. Os carballeses lograron dous puntos moi importantes, que os manteñen, novenos, afastándose da parte complicada da táboa.

O partido arrincou cun 2 a 0 de parcial favorable aos locais; pero en canto o cadro do Calvo Xiria, axustou a mira, conseguiron dar a volta ao marcador, 4-5, min 10.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria estrea o 2024 cunha importante vitoria no Vila de Noia

A dificultade do partido diante dun rival, o Gáldar de Gran Canaria, que cada tempada vai a máis; sumábanse, ademais, as dúbidas polo parón do Nadal; e saber como respondería cada equipo ao partido. Este último feito non pareceu aferctar a ningún, visto o espectáculo que puidemos ver nun Vila de Noia que tiña gañas de balonmán; con 300 afeccionados que levaron polo aire ao Calvo Xiria durante os 60 minutos.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria termina a primeira volta con derrota en Pontevedra

O Calvo Xiria sen opcións de vitoria desde o inicio do partido; onde viu como o SD Teucro pasoulle por encima nun choque falto de intensidade. E é que os locais foron superiores en todas as facetas do xogo, nun partido onde o Calvo Xiria lonxe de esquecelo; ten que ter moi presente, que na competición calquera equipo gáñache se non o afrontas ca mentalidade necesaria cada fin de semana e se ademais te enfrontas a un Teucro que pertence por dereito propio á zona nobre da táboa pásache por encima.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria pecha a semana con derrota no derbi

Logo do partido do mércores en Tenerife, o Calvo Xiria enfrontaba o seu terceiro partido en 7 días; contra o Oar Coruña.

O parido estivo marcador nunha primeira parte onde os locais foron máis contundentes e levaron o choque onde querían e unha segunda metade máis igualada en canto ao xogo onde o Calvo Xiria non lle perdeu a cara ao encontro; moi ben arroupado por gran parte da súa afección que se desprazou ata o San Francisco Javier para animar aos seus.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria levase unha emocionante vitoria ante o Disiclin Bm Lalín

Dous equipos que nos teñen afeitos ao espectáculo cando se enfrontan entre se; e este sábado non foi para menos, nun Vila de Noia, totalmente entregado, e que ten gran parte de culpa no éxito cultivado.

O inicio do choque arrincaba con mínima vantaxe para o Calvo Xiria, que duraría ata o minuto 15 da primeira metade, onde a rotación do Lalín, dando entrada a Pedreira, Losón e Ramón volteaban o marcador con máis dous de diferenza para o Lalín e co que nos iriamos ao descanso.Seguir lendo >>