Todas las entradas de Escolas Balonmán Xiria

bueu1

Cuartos de Final da Copa Galicia

Inicia o Calvo Xiria a competición oficial coa disputa da Copa Galicia. O equipo carballés entra en competición nos cuartos de final, por ser campión de liga de 1ª Estatal, xunto cos equipos de Asobal e Prata.

Así o Calvo Xiria deberá medirse, en eliminatoria a partido único, ao Servi-Auto Bueu At., que ven de eliminar a SD Teucro B e ao Bm Porriño, para tentar obter unha praza para as semifinais, unhas semifinais nas que o equipo carballés estivo presente nas últimas edicións deste torneo.… Seguir lendo >>

plantilla_punta_del_este

Comezo adestramentos equipos de base de 2ª División

Os equipos de base que militan en 2ª División, categoría inmediatamente inferior á División de Honra, comezan esta semana os adestramentos de pretempada. Esta campaña contaremos, aparte dos tres equipos de División de Honra que xa comezaron a traballar a pasada semana, con outros catro equipos que competirán na 2ª División nas súas respectivas categorías.… Seguir lendo >>

logo-hierros

Hierros Varela Urbieta, novo colaborador das Escolas Balonmán Xiria

Hierros Varela Urbieta e Escolas Balonmán Xiria asinaron un acordo de colaboración e patrocinio polo que o segundo equipo cadete masculino, que competirá en segunda división (segunda categoría do balonmán tras a División de Honra), lucirá no seu nome e nas súas elásticas a marca da empresa carballesa ubicada no Polígono de Bértoa.… Seguir lendo >>

IMG-20170727-WA0030

Fotos dos grupos da quenda de xullo das Escolas de Verán Xiria 2017

Rematou a quenda do mes de xuño para os nenos e nenas que participan nas Escolas de Verán.  Queda atrás un mes de actividade, convivencia, sorrisos e amizades. Neste pasado mes desenvolveron actividades como teatro, xogos predeportivos, informática, manualidades, psicomotricidade, cine, horto ecolóxico, experimentos de física e química,  saídas ao bosque, festa da auga, deportes e gravaron un videoclip.… Seguir lendo >>

bannercalendario

Calendario Liga 1ª División Estatal

Tras o sorteo realizado o pasado xoves na sede da RFEBM, así queda o calendario de liga de 1ª División Estatal Masculina, terceira categoría en importancia do balonmán español. O Calvo Xiria, campión de liga as dúas últimas campañas comezará a defensa do título ligueiro recibindo, o 16 de setembro no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, a visita da SD Teucro B, filial do equipo de Asobal.… Seguir lendo >>
P1030512

Recepción aos rapaces das Escolas Balonmán Xiria que participaron no Campionato de España de Seleccións

Catro rapaces de Escolas Balonmán Xiria representaron a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, os infantís Mario Cancela e Juan Pereira, e os xuvenís Juan Carlos Rodríguez e Andrés Vila. Os infantís clasificáronse primeiros de grupo con dúas vitorias, no cruce de cuartos perderon coa Comunidade Valenciana (finalmente campiona) e gañaron a Euskadi e Navarra para rematar a competición como 5º clasificados.… Seguir lendo >>

convgalegaabsoluta

Pablo Iglesias convocado pola Selección Galega Absoluta. Martín Alfeirán será reserva.

Excelente noticia para finalizar este fantástico 2016.

O central do Calvo Xiria Pablo Iglesias foi convocado pola selección galega de categoría absoluta para disputar dous partidos fronte a Xapón. Galicia medíarase á selección nipona, que se atopa preparando a súa participación no Mundial de Francia de xaneiro 2017, en dous partidos que se disputan en Bueu e no Rosal.… Seguir lendo >>

juan-mario-andres-juanca

Catro rapaces das Escolas Balonmán Xiria participan no Campionato de España de Seleccións

Catro rapaces pertencentes ás Escolas Balonmán Xiria foron seleccionados para particiapar coas seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións que terá lugar en Cataluña entre o 2 e o 7 de xaneiro.

Así Juan Pereira e Mario Cancela, do Garaysa Xiria, en categoría infantil e Juanca Rodríguez e Andrés Vila, do Laber Xiria, en categoría xuvenil partirán na madrugada do 1 de xaneiro cara terras catalanas coa expedición galega que estará comandada por outro carballés, Bruno López vicepresidente da FGBM e Delegado Provincial da FGBM nas provincias da Coruña e Lugo.… Seguir lendo >>