Todas las entradas de Escolas Balonmán Xiria

COPA GALICIA

Xa se coñece o calendario da Copa Galicia.

O Calvo Xiria, como mellor equipo de 1ª Estatal a pasada campaña, estará exento de disputar a primeira eliminatoria. O Cangas (Asobal), Teucro e Cisne (DH Plata) así como o Octavio (recén descendido a 1ª Estatal) non entrarán en competición ata a terceira eliminatoria.… Seguir lendo >>

LOITO NO DEPORTE CARBALLÉS

O pasado domingo 10 de xullo deixábanos, tras unha longa enfermidade, Loli Varela, gran implulsora e dinamizadora do deporte carballés, especialmente no ámbito feminino. Na parte que corresponde ao Balonmán Xiria foi unha peza fundamental na creación, impulsión e consolidación do equipo sénior feminino, no que exerceu de delegada e participou de maneira decisiva nas distintas negociacións levadas a cabo para que o soño do balonmán feminino se fixese realidade.… Seguir lendo >>

Corporación Laber, novo patrocinador do equipo xuvenil das Escolas Balonmán Xiria

LABERA empresa Corporación Laber (laboratorio e consultoría alimentaria e medioambiental), que cumple 10 anos neste 2014, con sede en Santiago de Compostela e delegacións en Madrid, Barcelona e Sevilla, será o novo patrocinador do equipo xuvenil masculino das Escolas Balonmán Xiria que milita na División de Honra e dun dos equipos benxamíns de liga provincial.… Seguir lendo >>

Alberto Lema «Cuco» e Rubén Anes novas incorporacións ao Calvo Xiria

Alberto Lema «Cuco» e Rubén Anes voltan á disciplina do Calvo Xiria e estarán xa a dispor de Marcos Rodríguez para o derbi desta fin de semana fronte ao Balonmán Artabro, se o técnico carballés así o estima.

O pivote ofensivo e central defensivo Alberto Lema «Cuco» regresa ao club tras tomarse, por distintos motivos, un ano sabático de balonmán.… Seguir lendo >>

Asemblea Xeral de Escolas de Balonmán Xiria

Na tarde de onte tiña lugar no Forum Carballo a Asemblea Xeral Ordinaria de socios de Escolas Balonmán Xiria. Nela aprobaronse as contas da tempada 2013/2014, os orzamentos desta nova campaña e a memoria de actividades da entidade.
A continuación celebrouse una Asemblea Xeral Extraordianaria na que o único punto da orde do día era a renovación, incorporación e cese da Xunta Directiva.Seguir lendo >>

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria

Estimado socio:
Por medio da presente, de conformidade co disposto no Artigo 17.1 dos Estatutos Sociales vixentes convócaselle a Asemblea Xeral  Ordinaria da entidade ESCOLAS BALONMAN XIRIA a celebrar nas dependencias do FORUM DE CARBALLO, sito na Praza dos Bombeiros Voluntarios (A Milagrosa), de Carballo o próximo día 01 de outubro de 2014, mércores, as vinte horas en primeira convocatoria e as vinte trinta horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.… Seguir lendo >>