Todas las entradas de Fernando Vázquez

O Calvo Xiria derrota ao Lalinense e disputará a súa terceira fase de ascenso consecutiva

O partido do pasado Sábado entre o Calvo Xiria e o Lalinense no Vila de Noia, non defraudou a ninguén. Os dous conxuntos, que ocupaban a segunda e terceira posición na táboa respectivamente, ían disputar unha auténtica final, xa que a proximidade na clasificación e as poucas xornadas que quedaban para finalizar o campionato, obrigáballes a iso, sobre todo aos dezáns, que debían de gañar para seguir tendo opcións de alcanzar esa segunda praza que os metería na fase de ascenso a DHB.… Seguir lendo >>

Exitosa xornada benxamín e alevín en Carballo

Este pasado Sábado, E. BM. Xiria organizaba a xornada número 9 de BM.5 en categoría alevín e benxamín e facíao no pavillón do CEIP Fogar de Carballo. Os enfrontamentos en categoría alevín saldáronse con vitoria dos bergantiñáns e no duelo de benxamíns entre o OAK English Centre Xiria e o Clínica Dental Pico Blanco, os primeiros conseguiron impoñerse aos seus compañeiros por un axustado 5-3.… Seguir lendo >>

Xornada completa e final na División De Honra

Na primeira estatal masculina, o Calvo Xiria recibe ao BM. Rasoeiro coa obrigación de seguir sumando e non perder corda co líder, ademais de manter a diferenza cos seus perseguidores. Non cabe ningún tipo de confianza fronte aos do Grove, xa que estes chegan coa moral alta pola súa recente vitoria contra o OAR e convértese nun equipo moi perigoso polas súas urxencias na clasificación.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria imponse nun emotivo derbi ao Conservas Boya

Un novo derbi disputouse o pasado sábado en Camariñas, un novo, pero diferente aos anteriores, xa que a despedida do balonmán de Borja Tajes, actual xogador do conxunto camariñán e anteriormente do Calvo Xiria, marcaría de forma emotiva a confrontación.

 O ambiente non podía ser mellor, os Boya Blues amenizaban os prolegómenos do envite e as dúas afeccións, brancas e verdinegras, ían aos poucos enchendo as bancadas do pavillón Camariñán.… Seguir lendo >>

Novo derbi da Costa da Morte entre o Boya e o Calvo Xiria

Este fin de semana xogarase un novo derbi da Costa da Morte entre o Conservas Boya BM. Camariñas e o Calvo Xiria. Chegados a este punto do campionato, o partido adquire tinguiduras de relevancia, sobre todo para os carballeses, que non poden ceder puntos se queren seguir mantendo os catro de diferenza con respecto aos seus inmediatos perseguidores, que ademais se enfrontan entre eles nesta xornada.… Seguir lendo >>