Todas las entradas de Fernando Vázquez

O Calvo Xiria imponse ao Rodosa BM. Chapela nun partido vibrante

O Calvo Xiria impúxose no día de onte ao Rodosa BM. Chapela nun encontro emocionante e onde a tensión competitiva estivo a flor de pel ata os últimos instantes. Os dous conxuntos prometían un envite de altos voos dados os antecedentes, xa que, tanto redondelanos como carballeses, están afeitos ocupar os postos altos da clasificación ligueira nos últimos tempos.… Seguir lendo >>

Primeira derrota do Calvo Xiria en liga

Onte Sábado celebrábase o primeiro derbi da tempada para o Calvo Xiria. O conxunto de Carballo desprazábase a Coruña para enfrontarse ao OAR no pavillón San Francisco Javier. Despois da boa segunda parte ante o Teucro na primeira xornada e o magnífico partido da segunda ante o Octavio, os bergantiñáns baixaran as súas prestacións o pasado fin de semana ante o Lavadores e aínda que o encontro conseguíano igualar os olívicos nos últimos segundos, cando os dous puntos estaban en mans dos verdinegros, o envite xa dera mostras dun Calvo Xiria irregular.… Seguir lendo >>

fin de semana de derbis

Este fin de semana avecíñase como unha xornada de emocións fortes en Escolas Balonmán Xiria e é que entre o Sábado e o Domingo, disputaranse ata tres derbis nas diferentes categorías:

O derbi máis esperado será o que este Sábado disputen no pavillón de San Francisco Xabier da Coruña o OAR e o Calvo Xiria de 1ª nacional ás 20:00h, un partido complicado para os carballeses ante o bo cadro de persoal dos oaristas.… Seguir lendo >>