Todas las entradas de Fernando Vázquez

O Punta Del Este Xiria imponse ao BM. Lucus a domicilio

O Punta Del Este Xiria, viaxaba a Lugo na mañá de hoxe para disputar a volta da semifinal de Copa en categoría infantil feminino. Despois da derrota sufrida a pasada semana en Carballo por 22-29 ante o rival de hoxe e na ida desta semifinal, as carballesas chegaban ao pavillón de Outeiro De Rei coa ambición de demostrar que o ocorrido facía sete días fora simplemente un mal día e así o certificaron cunha alta intensidade defensiva que servíu para que a vitoria viaxase cara a Carballo.… Seguir lendo >>

A fase Final alevín, pon o peche á tempada

A fase final alevín de balonmán 5, disputada o pasado sábado en Camariñas, puxo fin á tempada 2106/17 nesta categoría. Os tres conxuntos de Escolas Balonmán Xiria: LK Xiria, Laber Xiria e Xiria Telepizza Carballo, que conseguiran a clasificación para este evento despois de ocupar os tres primeiros postos do grupo Oeste na liga regular, disfrutaron dun día de balonmán e convivencia deportiva onde a ilusión e tamén os nervios, estiveron presentes en todo momento.… Seguir lendo >>

O laber Xiria remata o ano cun empate en Redondela

O Laber Xiria viaxaba este Domingo a Redondela para enfrontarse á SAR no que sería o último partido de Copa Federación e con iso,  da tempada 2106/17. O encontro xogouse co típico ritmo que veñen desenvolvendo os partidos de Copa: baixa intensidade, numerosos erros, pouco xogo colectivo, ambiente frío……Todo iso deparou sesenta minutos entre dous conxuntos máis preocupados por cumprir o trámite que por outra cousa e iso desembocou nun espectáculo pouco vistoso e moi trabado.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria continúa traballando na Copa cara ao futuro.

Na mañá deste Domingo, o Laber Xiria recibía no Carballo Calero ao campión galego, o Seis Do Nadal de Vigo. Independentemente da entidade do rival, o conxunto de Carballo segue co obxectivo de ir axustando as vimbias para a tempada que vén e por iso é polo que, fiel a estes principios, a segunda competición oficial estean a xogala só os xogadores de primeiro ano e os cadetes que a tempada 2017/18 formarán parte deste grupo.… Seguir lendo >>

Os alevíns do Xiria copan o podio da liga regular

Este pasado Sábado, celebrábase no Pavillón Quiroga Palacios de Santiago de Compostela, a xornada que quedaba pendente por xogar dentro da liga Alevín mixta BM5 do grupo Oeste da provincia da Coruña. Os tres conxuntos de Xiria:  LK Xiria, Xiria Telepizza Carballo e Laber Xiria, non deron lugar á sorpresa e venceron nos seus respectivos encontros por 8-0, resultados que deixan aos conxuntos de Carballo ocupando os tres primeiros postos da clasificación, na orde anteriormente apuntada e por tanto, clasificados para a fase final da categoría, a disputar en Camariñas o próximo día 20 do presente mes.… Seguir lendo >>

Unha vitoria e unha derrota para Marmolería J. Rey este fin de semana

O Marmolería J. Rey Xiria, disputaba este fin de semana dous partidos, o aprazado no seu día contra E.M. Abegondo e o correspondente a esta xornada contra o BM. Pontedeume. O primeiro, disputado o Venres en campo do conxunto de Abegondo, saldaríase con vitoria dos de Carballo por un resultado de 23-28 e o segundo, xogado o Sábado no Vila De Noia, decidiríase por un axustado 27-29 a favor dos de Pontedeume.… Seguir lendo >>

Pleno en vitorias dos tres equipos alevíns masculinos

Os tres conxuntos alevíns masculinos de Escolas Balonmán Xiria, conseguiron un pleno de vitorias na xornada que se disputou a mañá deste Sábado no pavillón de Fontenla, en Santa Comba. Mentres o LK Xiria, lider da competición e o Laber Xiria, terceiro clasificado, impoñíanse ao Alca Ribadosar I e Ribadosar Omega respectivamente por un tenteo total de 8-0, o Xiria Telepizza Carballo, segundo clasificado, facía o propio ante o Ribadosar Épsilon por 7-1.… Seguir lendo >>