Todas las entradas de Toni García

DSC_0783

Derrota do Grupo Lemaco diante do Balonmán Cisne

Balonmán Cisne 32 – Grupo Lemaco Xiria 28 (15-11)

Dous equipos moi similares no terreo de xogo, pero o Xiria acusa nestes derradeiros encontros a falta de envergadura no centro da súa defensa. A baixa prolongada de Pedro Pereira, habitual defensor central, uníase esta semana a de Adrián Mesejo, que o estaba a suplir nesa faceta, o que tornou as posicións de partida dunha defensa que cada semana cede máis centímetros con respecto ao seus rivais.Seguir lendo >>

iker 2

As importantes baixas non impediron ao Grupo Lemaco derrotar ao Artabro

Balonmán Artabro 35 – Grupo Lemaco Xiria 36 (17-17)

Papel difícil o que tiña o Xiria na mañá do domingo ao visitar ao Balonmán Artabro, moitas baixas que afectaban ao centro da defensa ante un equipo coruñés de maior envergadura. Nun partido de moitos goles, con ataques rápidos o Grupo Lemaco tentou por varias veces descolgar no marcador ao seu rival, pero este sempre volvía a meterse no encontro.Seguir lendo >>