Todas las entradas de Toni García

O Laber Xiria derrota ao Lavadores no comezo da Liga

U. B. Lavadores 30 – Laber Xiria 36 (16-18)

Non é fácil comezar a liga xogando a domicilio, e os xogadores do Laber Xiria a pesar de sabelo, tiveron que superarse e esforzarse en varios momentos do encontro. Partido de idas e voltas onde os carballeses se amosaron superiores ao seu rival, pero a ansiedade e gañas do primeiro choque pasaron factura con precipitación e demasiada individualidade de algúns xogadores.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria clasifícase para semifinais derrotando ao Cisne nun gran partido.

Balonmán Cisne 24 – Laber Xiria 33 (10-16)

O Laber Xiria acada a primeira posición do seu grupo da Copa Federación polo que xogará as semifinais contra o segundo do outro grupo.
Non tivo un sorteo favorable na Copa Federación, pero o conxunto carballés foi superior aos seus rivais, remata moi en forma o equipo que cada día vai a máise que xa mira para afrontar con gañas a vindeira tempada para a que practicamente conserva a todos os xogadores, tan so Andrés Urbieta e Renzo Díaz serán ausencias ao pasar a seniors.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco Xiria cae diante do Teucro

Grupo Lemaco Xiria 30 – SD Teucro 35 (15-21)

Partido intenso o disputado no Vila de Noia na mañá do sábado. Ambos equipos saíron intensos e imprimindo velocidade as accións de ataque, a diferenza na primeira metade foi o acerto de cara a gol, mentres o Teucro anotaba cando chegaba en cómodas posicións de lanzamento, o Grupo Lemaco batía cos postes da portería ou vía os seus lanzamentos atallados polo porteiro rival.… Seguir lendo >>

Un superior Laber Xiria derrota ao Teucro na Copa

Laber Xiria 38 – SD Teucro 20 (20-10)

Resolveu con demasiada facilidade o encontro o equipo carballés ante un débil Teucro que apenas ofreceu oposición no Vila de Noia.

Non tardou o Laber Xiria en marcar diferenzas co seu rival, saíron os xogadores moi centrados na defensa 6:0 que esta vez si, amosouse implacable polo centro impedindo que o rival se achegase con opcións de lanzamento claro diante da portería.… Seguir lendo >>