Todas las entradas de Toni García

O Laber Xiria B perde en Lugo

CP Lucense 28 – Laber Xiria B 23 – (14-9)

Visitaba Lugo na terceira xornada o equipo xuvenil do Laber B na División Prata, atopouse o equipo carballés un conxunto duro en defensa con moita intensidade nas súas accións, o que co paso dos minutos fixo que o Laber B fora perdendo forza e atopouse incapaz de frear ao seu rival dende a defensa 6:0.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco supera a Rodeiro e cae ante Carballal

Liga Ouro Cadete masculino

Disputaba esta fin de semana un dobre enfrontamento o Grupo Lemaco A, o seu partido da xornada 13ª fronte ao Rodeiro e o partido aprazado da 7ª xornada diante do Carballal vigués

Grupo Lemaco Xiria A 28 – Balonmán Rodeiro 25 (14-11)

No partido do sábado o Xiria foi de menos a máis nun encontro onde os erros no lanzamento a portería facían que os carballeses non se despegaran no marcador ante un equipo que imprimía moita lentitude e pausa nos seus ataques, o que por veces desesperaba a defensa que se des estabilizaba ante tanta pasividade.… Seguir lendo >>

Vitoria do Grupo Lemaco no Carballiño na Liga Ouro

Gasoleos Rivera Carballiño 30 – Grupo Lemaco Xiria A 51 – (15-26)

12ª Xornada da Liga Ouro Cadete masculino

Partido sen complicacións dos carballeses ante o rival máis frouxo da categoría e que conta os seus partidos por derrotas avultadas.
A relaxación neste tipo de partidos convértese no principal inimigo do equipo, moi difícil centrarse e moitos despistes defensivos pola falta de intensidade.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco comeza o ano gañando ao Reconquista

8ª Xornada da Liga Ouro Cadete masculino

Grupo Lemaco Xiria A 46 – Reconquista de Vigo 35 (22-13)

Logo do parón do nadal de máis de un mes, volvía a competición para o Grupo Lemaco, coa incógnita da volta visitaba Carballo o Reconquista vigués que puxera as cousas difíciles nos cuartos de Copa, pero a pesar dalgunhas baixas o equipo fíxose facilmente cos dous puntos en xogo.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco “B” amosa a súa superioridade en Pontedeume

9ª xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Balonmán Pontedeume 27 – Grupo Lemaco Xiria B 39 (15-22)

Arbitrou: Marcos Pombal

Derradeira xornada da primeira volta da Liga Prata e o Grupo Lemaco B conta os seus partidos por vitorias.
Afrontábase a un equipo inferior tecnicamente pero que se amosou moi peleón e con gañas de facelo ben ante o líder da categoría no seu pavillón, o que fixo que o Xiria tivese que traballar de arreo para dominar o encontro e non dar opcións ao contrario.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria B non é quen de superar ao Ribadosar

9ª xornada da Liga Prata Xuvenil Masculino

Ribadosar 28 – Laber Xiria B 27 – (18-13)

O Laber Xiria da división Prata perdeu nun partido igualado que se decantou para os santiagueses
Primeiros minutos de dominio do Xiria que foi afrouxando na intensidade defensiva, permitindo ao seu rival opcións claras de lanzamento dende o centro o que levaría ao Ribadosar a ir medrando no marcador en poñer un 18 a 13 ao descanso.… Seguir lendo >>