Todas las entradas de Toni García

O Laber Xiria B non é quen de superar ao Ribadosar

9ª xornada da Liga Prata Xuvenil Masculino

Ribadosar 28 – Laber Xiria B 27 – (18-13)

O Laber Xiria da división Prata perdeu nun partido igualado que se decantou para os santiagueses
Primeiros minutos de dominio do Xiria que foi afrouxando na intensidade defensiva, permitindo ao seu rival opcións claras de lanzamento dende o centro o que levaría ao Ribadosar a ir medrando no marcador en poñer un 18 a 13 ao descanso.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco A cae en Cangas diante do Luceros

5ª xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Pizzería Baratto Luceros 37 – Grupo Lemaco Xiria A 30 (19-15)

Primeira derrota da tempada para o Grupo Lemaco A no Pavillón de O Gatañal ante o Luceros.
Saíu ben asentado o Xiria en defensa coñecedor do potencial do equipo que tiña diante, foi lendo ben o partido e conseguindo dominar nos primeiros 20 minutos, a partir de aí e tras unhas protestas do adestrador local, cambiou o rumbo do encontro con demasiadas decisións arbitrais desiquilibrantes en contra do Grupo Lemaco que provocaron os nervios e precipitación nos xogadores carballeses, o partido entrou nunha espiral negativa para o equipo que non foi capaz de recompoñerse.… Seguir lendo >>

O Grupo Lemaco métese nas semifinais da Copa Galicia

Cuartos de Final da Copa Galicia Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 35 Reconquista de Vigo 34 (15-11)

O Grupo Lemaco Xiria “A” acada o pase as semifinais da Copa Galicia logo de eliminar en cuartos ao Reconquista de Vigo.
Chegaba a tarde do domingo o Xiria coas forzas xustiñas, logo dun intenso fin de semana onde moitos dos seus xogadores disputaron 3 encontros, a gasolina era pouca pero valeu para conseguir o pase despois dunha prórroga e marcar na derradeira acción de lanzamento de 7 metros.… Seguir lendo >>

Vitoria do Grupo Lemaco “B” na Coruña diante do Oar

Oar Coruña 29 – Grupo Lemaco Xiria B 35 (14-22)

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada da Liga de Prata Cadete disputado no pavillón de san Francisco Xabier (A Coruña)

Arbitraron: Martina Regueiro e Uxía Mariño do colexio galego.

Que o segundo equipo cadete do Xiria derrote de maneira clara ao Oar da Coruña ben a falar do bo traballo de canteira que se está a facer en Carballo.… Seguir lendo >>

Vitoria do Grupo Lemaco «A» en Rodeiro

Balonmán Rodeiro 24 – Grupo Lemaco Xiria A 32 (14-18)

Desprazouse na mañá do sábado o conxunto carballés a Rodeiro para medirse ao conxunto local, non foi un partido fácil, unha pista moi esvaradía na que os xogadores corrían risco de lesión, como lle sucedeu a Dani Bello cun forte escordadura de nocello, e un rival con moito oficio que de seguro porá en dificultades a moitos dos equipos que pasen por alí.… Seguir lendo >>