Avanza o Calvo Xiria na Copa Galicia

Pasou á seguinte rolda da Copa Galicia logo dunha cómoda vitoria ante un Bm. Ártabro no que debutaron tres rapaces que até a pasada tempada formaron parte do club carballés. No descanso o marcador sinalaba un 4 – 19 a prol dun Calvo Xiria que se amosou moi superior ao seu rival en todas as facetas de xogo.
O máis salientable do encontro por parte carballesa a estrea de Iago Gómez, que logo do seu paso polo Teucro -co que acadou o ascenso a liga Asobal- retorna ao equipo do Xiria, e a de Uxío Batán xogador lalinense que por motivo de estudos desprazouse a vivir á Coruña.
O seguinte rival do Calvo Xiria nesta Copa Galicia sairá do gañador da eliminatoria entre o Carballal e a Sar, xogando de novo coma visitante.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Novo Mesoiro ante 100 seareiros. Colexiados: Andrés Rosendo López e Alfredo Balado Fernández do colexio galego. Sen complicacións.

BM ÁRTABRO NOVO MESOIRO 13 ( 4 + 9): Manuel Iglesias [p], Daniel Buño [p], Pablo Barreiro [p], Ángel Rodríguez (1), Miguel Rey (4), David Rocha, Manuel Rial (1), Miguel Casal, Diego Gago (4), Manuel Zas, Lucas Domínguez (1), David Rey (2), Marcos Carro.

CALVO XIRIA 45 (19 + 26): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema (8), Javier Rodríguez (1), Martín Alfeirán (5), Brais Puñal (5), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (5), Pablo Iglesias (6), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (4), Julián López (1), Mario García (5), Uxío Batán (1).