B.M. PORTADEZA – LALÍN 25 – CALVO XIRIA 28

25-28 remataba o encontro que o Calvo Xiria disputou en Lalín onde unha primeira metade de cine levaba ós carballeses a conseguir dous valiosos puntos na cancha dun dos aspirantes ó título.

Como xa dixemos, nos primeiros trinta minutos o xogo despregado polos visitantes fixo enmudecer á afección local que adoita ser barullenta pero que desta ocasión tivo que renderse ante a evidente superioridade dos de Javier Barrios. A efectividade de cara á portería era excelente e só os desaxustes defensivos dos primeiros compases evitaron un resultado de escándalo, os de Dioni non foron quen de bater a Xurxo nos últimos dezasete minutos. A eficacia de Orge, Fernando e Martín, bastaron para chegar ó descanso 9-16.

No recomezo, a defensa 5-1 mixta sobre Quique Orge e as cinco exclusións sinaladas contra os de Carballo fixeron albergar algunha esperanza ós seareiros que trataron de empuxar co seu ánimo ó equipo que botaba en falta a Diego e Roberto que eran baixa no choque. O Xiria limitouse por tanto a administra-la renda que atesouraba e aínda que con emoción, remataba o partido sen problemas.

Mención especial merecen os porteiros que estiveron a un gran nivel, Víctor 3 de 5 dende os sete metros, e Jordi Escudero que non fallaba nin un só dos oito lanzamentos desde a liña da pena máxima, ademais do xogo exhibido ó longo dos sesenta minutos.

Aliñacións

Polo Calvo Xiria:Xurxo, Marcos ( 3 ), Fernando ( 6 ), Quique ( 3 ), Jordi ( 11 ), Martín ( 3 ) e Suso ( 2 ) – equipo inicial – Víctor, Mario ( ), Ofi ( ), Pablo ( ) e Tom ( ).

Polo B.M. Portadeza-Lalín:Pablo, Pincho ( 7 ), Rubén ( 4 ), Budi ( ), Gulías ( 1 ), Couso ( 3 ) e Manoel ( 6 ) – equipo inicial – Durán, Aller ( 1 ), Salva ( 1 ), Antonio ( 1 ) e Jorge ( 1 ).

Marcador cada 5 minutos: 3-3 / 4-6 / 6-9 / 9-11 / 9-14 / 9-16 / 12-17 / 12-19 / 17-22 / 19-25 / 22-26 / 25-28

Os colexiados Sres. Granados e Pallares aínda que protestados non influíron no resultado.

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.02.02

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 02 – JORNADA 02
Partido 02 – PARTIDO 02
Fecha 05-10-2002
Hora 19:00
Resultado 25 – 28
Arbitros 2049 JOSE FCO. GRANADOS GARCIA.
2155 EMILIO PALLARES ALVAREZ