Balonmán na ponte de Novembro

O Calvo Xiria, afronta un novo partido obrigado a sumar os dous puntos en xogo si quere continuar nos postos máis altos da táboa clasificatoria. Desta volta e como local, os carballeses reciben o Sábado as 18:00h no Vila De Noia a un histórico como é o Teucro. O conxunto pontevedrés será un rival duro e complicado e os bergantiñáns terán que completar sesenta minutos sen fisuras nas diferentes fases do xogo para imporse no marcador final. Ca baixa segura de Cuco por lesión, o desenlace dos entrenamentos semanais darán a convocatoria definitiva para este partido.

O mesmo Sábado ás 18:00, o Goldie Xiria xoga a domicilio na mítica pista do Bm Porriño. Os dous conxuntos marchan empatados a puntos na clasificación, pero o conxunto local ten un partido máis disputado. O Goldie tratará de conseguir a súa cuarta vitoria consecutiva ante o mozo conxunto de Porriño que non llo poñerá nada fácil. O desprazamento aproveitaráse para que as rapazas do Hierros Varela Urbieta xogen un amigable as 16:00h co clube locatario e ao remate do encontró de 1ª autonómica, poidan disfrutar do encontró de ABF entre o BM. Porriño e o Bera Bera, partido que será retransmitido pola TVG.

No caso dos conxuntos de base de División De Honra, haberá xornada mañá Xoves festivo. Volta a competición dos xuvenís do Laber Xiria a partir das 12:30 no Vila de Noia, que  non pode fallar ante o Balonmán Porriño. Deberá imprimir velocidade ao xogo de ataque dende o primeiro momento a vez que se precisa maior elaboración das xogadas. A búsqueda de sensacións en defensa serán necesarias para volver a non recibir goles con tanta facilidade. Contará o Laber Xiria cos xogadores xa recuperados logo de algunha que outra lesión que lles impedía estar ao cen por cen.

O Grupo Lemaco Xiria, abrirá a mañán do Xoves  xusto antes dos xuvenís  (10:30 no Vila de Noia) ante o Bm Rasoeiro e despois da vitoria no derbi ante o Culleredo. Partido complicado para os carballeses, que queren facer do Vila de Noia un fortín, baseando o seu xogo principalmente na parcela defensiva e rápidas transicións.

Tamén a mesma hora (10:30), o Garaysa Xiria da categoría infantil masculino recibe ao BM. Porriño no CEIP Fogar ca intención de voltar a senda da vitoria.

Nesta xornada, as rapazas do Punta del Este Xiria, chegan ca moral polas nubes, despóis de conseguir a súa primeira vitoria o pasado fin de semana en Vigo. Mañán Xoves  reciben ao Galicia Social- Galserco. O encontro disputarase as 12:15 no pavillón Ceip Fogar e as carballesas tentarán seguir na mesma liña e afrontrar o encontro con forza e intensidade.