BALONMANO FERROLTERRA 12 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 30

6/12/2003 6ª XORNADA

O Asesoría Sueiro Xiria conqueriu dous novos puntos na saída que o sábado o levou a Ferrol. O que se presumía coma unha incómoda visita a unha cancha que non é do agrado do cadro carballés convertiuse a partir do minuto dez da primeira parte nun partido de trámite no que non se notaron as dúas semanas que leva sin competir o conxunto do Xiria.

En vintacinco minutos o equipo departamental so foi quen de marcar dous goles mentres o conxunto do Xiria limitouse a facer rápidas transicións nas que só faltou unha maior efectividade no lanzamento.

Os segundos trinta minutos foron un mero trámite no que os dous equipos seguiron na mesma tónica, cunha maior relaxación por parte do cadro do Asesoría Sueiro, que propiciou xunto cos lanzamentos fallados que o marcador non fose de verdadeiro escándalo.

BALONMANO FERROLTERRA: Sergio, Diego, Pablo, Juan ( 1 ), Adrian ( 4 ), Eloy ( 6 ), Dopico – Equipo inicial – Piñeiro, José, Daniel, Menéndez, Toimil, Braojos ( 1 ), Javier.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 1 ), Fernando ( 8 ), Dubra ( 4 ), Queco, Carlos ( 4 ), Pablo ( 7 ) – equipo inicial – Miguel, Roger ( 2 ), Bruno, Hugo, Chimpo ( 4 ), Alejandro , Alberto.

2-2 / 3-5 / 3-7 / 4-9 / 4-11 / 4-14 / 5-17 / 7-21 / 9-22 / 11-25 / 11-27 / 12-30

O colexiado Sr. Castro Rivera tivo unha boa actuación.