BALONMANÓPOLIS 19 – PROCASA XIRIA 19

Balonmanópolis: Rubén, Martrín, Aaron, Rubén Domínguez, Pablo, Cristian, Jesús (9), Saúl (3), Juan (6), David (1), Diego, Alberto.

Procasa Xiria: Naya, Iago (2 ), Damián, David (4), Jorge, Antelo, Gándara, Martín (2), Dani (4), Miguel (1), Brais (5), Antón (1), Mecías.

Colexiado: O colexiado Nacho Pereira non tivo unha boa actuación.

Prevíase para o Procasa un partido compricado na cancha culleirense, sobre todo despois de coñece-la ausencia por lesión de Álex Zas, o mellor xogador carballés no que vai de competición, que caía mancado o pasado martes nun adestramento da selección galega e que o manterá de baixa alomenos dúas semanas. Esto unido á maior idade e antropometría dos xogadores locais foi suficiente para que os rapaces do Procasa non fosen quen de controlar en defensa as acometidas do Balonmanópolis e que pasasen serios apuros para conseguir boas situacións de lanzamento. Así chegábase ao intermedio con un gol de desvantaxe para os de Carballo, 10-9.

Na segunda metade foise incrementando esta renda ata chegar aos 4 goles e cando todo parecía indica-la primeira derrota dos de Fernando Vázquez, un derradeiro arranque de entrega e pundonor facía que os carballeses conseguisen empatar e incluso dispoñer do derradeiro balón para levarse os dous puntos.