Balonmanopolis 7 (12) – PROCASA XIRIA 1 (7)

29/03/2004 12ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Miguel, Zas (2), Pombo, Diego Puente (1), Barreiro, Diego López (1), Óscar (1), Néstor, Caamaño, Iván, Andrés, Ramón, Juan (2), Naya.

O pasado Sábado era o derradeiro da liga regular para o Procasa Xiria, encontro que fora aprazado hai dúas semanas por mor dunha confusión cos horarios. Un encontro por outra banda moi importante xa que os dous equipos estaban invictos na competición, e os coruñeses son xunto con Camariñas os únicos equipos que lle poden plantar cara ós rapaces de Fernando Vázquez.

O cadro carballés saíu cunha motivación especial á pista ofrecendo os mellores momentos defensivos de toda a competición. O Balonmanopolis non lle ía á zaga e facía que os de Carballo tiveran problemas en ataque. Con estas premisas o primeiro cuarto foi xogado de poder a poder e moi vistoso. O Procasa chegaba ó último minuto con un gol de vantaxe pero dúas imprecisións propiciaron a remontada do cadro coruñés que se impuña por 4-3.

Tras isto comezou o Procasa demasiado frouxo no segundo cuarto, e a súa falta de ritmo e atención propiciou outro parcial en contra de 3-0.

Nos dous últimos cuartos recuperaron os carballeses parte de atención e actitude, e foron mellorando pouco a pouco. Así chegábase ó remate do terceiro cuarto con táboas no marcador 2-2, e no derradeiro cuarto os de Carballo tiveron o balón do empate a falta de 5 segundos pero o bon facer do gardameta coruñés impediu o empate 3-2.

Como dato positivo resaltar que a pesares desta derrota o Procasa Xiria remata a competición na primeira praza por diante de Camariñas e polo tanto clasifícase para o Campionato Provincial coma primeiro.

Parciais: 4-3 / 3-0 / 2-2 / 3-2