BALONMANÓPOLIS 9 – PROCASA XIRIA 28

06/02/2005 13ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Naya, Rodrigo, Iván (2), Andrés (4), Diego (7), Néstor, Zas (8), Rodrigo (3), Óscar (2), Dani (1), Pombo (2), Mecías, Brais (2), Borja, René.

Partido moi sinxelo para os de Fernando Vázquez fronte a un rival moi inferior tal e como reflicte a táboa clasificatoria. Dende o primeiro minuto foi un encontro moi cómodo para o Procasa con amplas vantaxes e goles doados conseguidos, case sempre, en veloces e ben levados contagolpes en segunda oleada. Os de Tarrío non eran quen de perfora-la portería carballesa e cando conseguían sobrepasa-la defensa atopábanse cun inconmensurable Álex Naya.

3-6 / 2–9 / 0-7 / 4-6

O colexiado tivo unha boa actuación.