BM. AGOLADA 1 – GARAYSA XIRIA 33

17/10/2004 3ª XORNADA

Bm. Agolada: Eva, Ana, Carlota, Tania, Jacqueline, Laura, Fátima –equipo inicial – Isabel ( 1 ), Tamara, Cristina, Isabel.

Garaysa Xiria: Raquel, Juana, Iria, Paula ( 5 ), Marta ( 5 ), Cristina ( 8 ), María ( 5 )– equipo inicial – Uxía ( 2 ), Adriana ( 2 ), Fernanda, Yanin ( 6 ), Jessica.

O equipo xuvenil feminino, Garaysa Xiria, conqueriu unha máis que cómoda victoria no terceirom encontro da Liga Galega que o enfrontou ço Bm. Agolada na mañá do domingo por un contundente 1 a 33, no que pareceu máis ben un partido de adestramento.

Dende os primeiros minutos do partido xa se vía unha grande diferencia entre ambolos dous conxuntos. Cun ataque inoperante por parte do equipo de Agolada, o que permitiu un encontro moi tranquilo para a defensa e a portería do Xiria.

Cunha defensa moi aberto do equipo local foi posible facer conexións entre as laterais e o pivote do conxunto carballés, e sumándolle bos lanzamentos dende o extremo dereito, fixeron que se marchasen ó descanso cun resultado no electrónico de 1 – 15.

Saiu no segundo tempo o equipo do Garaysa Xiria cas xogadoras menos habituais, que cumpriron, para ir collendo experiencia competitiva. Unida as cinco exclusións sinaladas polo colexiado, todas xustas e poderían ter sido máis, foi posible levar o marcador final a un abultado 1 – 33.

Ainda así o equipo carballés non conseguiu tirar un bon rendemento en base as conexións do ataque, aspecto no cal deberá seguir madurando para aspirar a empresas de maior calado.
O colexiado Sr. Vicente Pérez Otero levou o encontro sen dificultades.