BM. CASELAS 11 – GARAYSA XIRIA 8

13/11/2004 7ª XORNADA

Bm. Caselas: Iris, Sara ( 2 ), Silvia, Cerqueira, María, Noelia ( 5 ), Bibiana ( 3 ) – equipo inicial – Ana, Elena, Amanda, Graciela, Lucía.

Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 3 ), Paula ( 1 ), Uxía, Yanin, Cristina ( 3 ), María ( 1 )– equipo inicial – Marta, Fernanda, Adriana, Iria, Jessica.

O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria sufriu unha nova derrota ante o Balonmán Caselas por 11 goles a 8.

Segue o equipo carballés na mesma tónica das semanas precedentes, practicando unha sólida defensa acompañada por boas actuacións na portería mais sendo incapaz de resolver os seus ataques.

De novo o desatino nos lanzamentos e a falla de verticalidade no ataque estático son os factores que están impedindo o Garaysa estar na parte alta da táboa.

Nesta ocasión o partido voltou a estar controlado polas carballesas que demostran que teñen calidade suficiente para aspirar a calquera obxectivo, pero é necesario que desenrolen o mesmo xogo que nos adestramentos para ir collendo confianza de cara os vindeiros encontros e así de seguro que non tardarán en chegar os puntos o casilleiro carballés.
O colexiado Sr. Inocencio Pérez foi determinante no resultado final, seguindo o xogo dende o medio do campo e non observando faltas moi claras en lanzamentos de 6 metros.