BM. CISNE 27 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 27

Bm. Cisne: Tomás, Daniel ( 5 ), Vidal ( 5 ), Quintáns ( 3 ), Pablo ( 4 ), Eduardo ( 7 ), Víctor ( 1 )- equipo inicial – Alberto, David, Guillermo ( 2 ), Jesús, Hugo, Andrés, Jorge.

Asesoría Sueiro Xiria: Iván, Cristophe ( 2 ), Aitor ( 4 ), Gonzalo ( 3 ), Manuel ( 5 ), Joaquín ( 7 ), Javier ( 4 ) – equipo inicial – José Luis, Iago, Eloy, Oscar ( 1 ), Diego, Jesús ( 1 ).

Colexiado: Os colexiados Srs. Rodríguez e Pérez foron protagonistas do encontro.

O Asesoría Sueiro Xiria trouxo un punto do seu encontro ante o Bm. Cisne tras acadar un empate a 27 goles. No descanso o resultado era de 14 a 13 favorable as pontevedreses.

Comezou ben o cadro carballés mandando no partido sen que o Cisne puidese evitar que as diferencias se fosen aos catro goles nos primeiros quince minutos, mais cando mellor estaba a xogar o Xiria a actuación arbitral impediu que seguise na mesma liña, xa que comezaron a sancionar con exclusións aos xogadores do Asesoría Sueiro por accións que na outra área se deixaban pasar desapercibidas. A partires de aquí o Xiria xogou o que restaba de primeira metade prácticamente con cinco e catro xogadores o que permitiu que os pontevedreses se achegasen no marcador e finalmente se puxeran por diante.

O segundo tempo comezou con moita igualdade no marcador con moitas imprecisións dos dous equipos que non conseguían impor o ritmo de xogo que máis lles conviña. Cando faltaban dez minutos, de novo con sinalizacións moi polémicas por parte dos colexiados (exclusión a Cristophe por lanzar despois de pitar o trencilla e na acción seguinte un xogador pontevedrés lanza o balón unha vez sinalada unha falta favorable aos carballeses pero non ten ningún tipo de consecuencia) permitiu que os locais colleran unha vantaxe de dous goles que os puña en franquicia para acadar os dous puntos.

A partires de aquí o Asesoría Sueiro Xiria fixo o que se lle viña reclamando dende fai xornadas, demostrar o mesmo carácter gañador fora que na casa, remontou o partido e dispuxo de balón para gañar pero nunha acción que rematou en lanzamento de seis metros cun claro contacto os árbitros non quixeron ver nada e deixaron de sinalar un claro sete metros favorable aos carballeses.

A vindeira xornada o Xiria recibe ó Bm. Camariñas nun encontro vital para manter opcións de acadar a segunda plaza que da acceso o campionato de España.