Bm. Corvera 14 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 18

24/04/2004 2ª XORNADA

BM. CORVERA: Alejandro, Nacho (2), Rafa (1), Javi Múñiz, Javi Mazaira (1), Damián, Javi Mora (5) -equipo inicial- Jorge, Germán, José C. (5), David, Edu, Julián e Enrique.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Dubra (2), Pablo (1), Cuco (3), Chimpo (3), Fernando (3), Carlos (5) -equipo inicial- Miguel, Bruno, Hugo, Álex (1), Queco, Alberto e Gonzalo.

Segunda victoria nesta do Asesoría Sueiro Xiria nun encontro excesivamente marcado polas boas defensas que practicaron ambos conxuntos. O gran encontro realizado polo gardameta carballés Enrique, unido á mellor defensa dos de Carballo e á maior calidade dos seus homes permitiron que os rapeces de Marcos Rodríguez acadaran esta importante victoria.

O partido comezaba ben para os carballeses que gracias as boas paradas de Enrique conseguían porse con tres goles de diferencia, e non era maior polos erros en ataque que cometían continuamente, mediada a primeira metade. A partires de aquí os asturianos comezaron a ter maior acerto en ataque mentrés que o Xiria continuaba na súa liña de erros ofensivos o que fixo que ó descanso se chegase con tan só un gol de renda a prol do Xiria.

Nos primeiros minutos da segunda metade mantivose a mesma tónica cos carballeses sempre por diante no electrónico pero que non conseguían rompe-lo encontro. Mediada esta segunda metade foi cando os de Carballo conseguiron facerse con catro goles de renda, diferencia que mantiñan ata o final para imporse por 14-18.

No outro encontro da xornada o Ademar de León derrotou ó Sa-Fa por 31-28.

Con estes resultados decidirase todo na derradeira xornada con un apasionante Asesoría Sueiro Xiria-Ademar de León. O gañador deste encontro gañará o sector e pasará á seguinte fase, aínda que ós carballeses valerialles co empate.

0-2 / 0-2 / 1-4 / 4-6 / 6-6 / 7-8 / 8-8 / 8-10 / 10-12 / 11-15 / 12-16 / 14-18

Os colexiados cántabros Sres. Escudero e Escudero estiveron, na mesma liña que na xornada anterior, bastente irregulares non influíndo no resultado.