BM. OLEIROS 2 (16) – PROCASA XIRIA 6 (32)

13/01/2004 2ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Diego López (2), Ramón (1), Andrés (3), Amarelle (3), Diego Puente (9), Juan (3), Rodrigo (2), Óscar (1), Pombo (4), Caamaño (1), Néstor (1), Miguel (2).

Primeiro partido oficial disputado polos infantiles da A.D. Xiria esta tempada contra un rival que pese a ser fisicamente superior non conseguiu en ningún momento mostrar un nivel apreciable. A deixadez defensiva e a falla de velocidade exhibida no último cuarto foi a única razón de que se perdesen os puntos en xogo nese período. Deben tomar nota os rapaces do Procasa Xiria e non deixar que isto volte a ocurrir, pois diante de rivais mais fortes (que os vai haber) isto pode resultar moi perigoso.

Destacar a ausencia de Ícaro nos carballeses por unha indisposición de última hora e dos xogadores alevíns que forman parte deste equipo e que agardamos se poidan incorporar pronto.

Parciais: 4-13 / 2-8 / 3-6 / 7-5

O colexiado Sr. Blanco tivo unha boa actuación.