BM. PORTADEZA LALIN 27 – ASESORIA SUEIRO XIRIA 27

Bm. Lalín: Iago, Miguel ( 5 ), Cristian ( 2 ), Bruno ( 12 ), Adrián ( 2 ), Nicolás ( 2 ), Losón ( 4 ) – equipo inicial – Santiago, Jesús, Alejandro, Hugo, Carlos, David, Efrén.

Asesoría Sueiro Xiria: Iván, Cristophe ( 2 ), Aitor ( 5 ), Gonzalo ( 8 ), Óscar ( 1 ), Joaquín ( 3 ), Javier ( 5 ) – equipo inicial – Manuel ( 3 ), Diego, Eloy, José Luis, Iago, Anxo.

Colexiado: Os colegiados Srs Pérez e León non influiron no partido ata os derradeiros cinco minutos nos que tiveron unha actuación determinante.

O Asesoría Sueiro Xiria empatou a 27 goles ante o Bm. Lalín, 13 a 13 no descanso, resultado que, unido á victoria colleitada polo Teucro sobre o Bueu, impide que os carballeses poidan acceder ao primeiro posto da liga galega no derradeiro partido que disputa o domingo 1 de abril no Pavillón da Zona Escolar e no que necesita acadar polo menos un punto para logar o Subcampionato galego e con él unha praza para disputar a primeira fase do Campionato de España.

Partido moi igualado o que se disputou o sábado no Pavillón Municipal de Lalín con alternacias continuas no electrónico e no que o resultado puido decantarse para calquera dos dous equipos. Comezou mandando o Bm. Lalín grazas aos erros de lanzamento dos de Carballo que lles permitían rápidos contraataques, a partir de ahí a defensa do Xiria e as rápidas transicións déronlle unha vantaxe que mantería ata o empate no derradeiro suspiro antes do intermedio.

A segunda metade foi de baixa calidade motivada polas continuas perdas de concentración dun e outro equipo que sabían ben o que se xogaban. Ao final reparto de puntos, resultado xusto, pero influenciado por catro decisións arbitrais moi cuestionadas, todas elas nos derradeiros cinco minutos. Agora os de Marcos Rodríguez, que son segundos con un punto máis que o Cisne e co golaveraxe a favor, deberán acadar un empate na derradeira xornada na que reciben ao líder e campión Teucro ou no caso de derrota dos carballeses agardar a que o Cisne non consiga vencer no seu enfrontamento co Bm. Lalín.