BM. RIVEIRA 2 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 30

15/01/2005 3ª XORNADA

BM. RIVEIRA: Tamara, Patricia, Nerea, Iria ( 1 ), Paula ( 1 ), Raquel, Naiara ( 1 ) – equipo inicial – Sueiro, Diana, Irene, Alba, María, Nerea.

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Iria ( 6 ), Juana ( 5 ), Jessica ( 3 ), María ( 3 ), Patricia M. ( 7 ), Jennifer ( 3 ) – equipo inicial – Cristina ( 2 ),Patricia ( 3 ), Diana, Mariana ( 8 ), Berta ( 3 ).

O Punta del Este Xiria acadou unha nova victoria na liga provincial cadete ante o Bm. Riveira por 30 a 02, 18 – 02 no descanso, nun partido carente de xogo e emoción.

Converteuse nun paseo o partido dende o primeiro minuto o que permitiu que todas as xogadoras carballesas tiveran minutos en postos non habituais xa que a total inoperancia do equipo local, o Riveira, non fixo máis que desexar o final do partido.

Só a relaxación no derradeiro pase e no lanzamento evitou un resultado máis avultado a favor do Xiria, que xogou boa parte do encontro con tres infantís na pista.

O vindeiro fin de semana enfrontase o Bm. Narón no Pavillón do Bergantiños.

O colexiado Sr. Pereira Navaza foi un mero espectador durante os sesenta minutos.