BM. VIVEIRO 10 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 49

20/02/2005 16ª XORNADA

BM. VIVEIRO: Dimas, David ( 2 ), Rubén ( 5 ), Diego ( 2 ), Iván ( 1 ), Arthur, Daniel– equipo inicial – Alejandro, Mariño, Cora, Francisco, David Rey.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Iago, Ramón ( 4 ), Juan ( 4 ), Joaquín ( 12 ), Manuel ( 7 ), Jesús ( 10 ), Norberto ( 5 ) – equipo inicial – Javier ( 7 ), Guillín, Diego, Manuel, Oscar.

O Ifecgas Pereira Xiria acadou a segunda victoria deste fin de semana ante o Balonmán Viveiro en terras do Landro por un apabullante 49 – 10 ( no tempo de lecer o electrónico marcaba un 24 – 5 que non deixaba lugar a dúbidas).

Mero paseo o que tivo que facer o equipo carballés ata Viveiro para xogar ante un rival que a adicou a maior parte das suas forzas a buscar desculpas do que pasaba dentro da pista, mentres o Xiria so tivo que manter un mínimo de concentración para levar os dous puntos cun resultado que ante o visto no Pavillón Municipal viairense ven puido ser maior a diferencia.

Sobraron máis de corenta e cinco minutos de partido, xa que no minuto quince o marcador reflexaba un esclarecedor 10 – 0.

A vindeira xornada o Ifecgas Pereira desprázase a Pontedeume para a disputa dunha nova xornada da liga provincial cadete masculina..

O colexiados Sr. Santos Dobaño tivo unha tarefa doada.