Bo inicio do Laber Xiria na Copa Federación

Recibía o Laber Xiria ao BM Porriño, na primeira xornada da Cópa Federación. Facíao coas dúbidas; de non conseguir o principal obxectivo do ano na liga regular; pero o equipo sacou o carácter necesario para sobreporse a un rival que lle gañou a partida a última vez que se enfrontaron.
O partido empezou igualado, cos visitantes atopando ocos no 6:0 local, xogando o balón de esquerda a dereita; aproveitándose dunha defensa excesivamente plana e con apenas contacto; facendo dubidar ao compañeiro, caían nun continuo exceso de axudas. Unha vez axustada a defensa; o equipo puido saír ao contraataque correndo cando era necesario e xogando en ataque posicional cando así o pedía o partido. Aos poucos, o Laber íase facendo dono do encontro, conseguindo unha diferenza de 3 goles; que se vería reducida a un; por unha exclusión cando restaban menos de dous minutos para o descanso. 14 a 13
Na continuación, o Porriño empezaba cun máis en defensa; e un bo ataque do Laber; permitiu marcar gol e recuperar para seguir xogando en seis contra seis. A defensa, ben coordinada durante a segunda parte; apenas deixaba espazos; e a selección de lanzamentos do Porriño, non era a máis adecuada; e aí apareceu o bo facer dos porteiros do Laber; encaixando 3 goles nos primeiros 20 minutos; permitindo unha diferenza de 10 goles a favor coa que sentenciaba o partido.
Boa achega de todos os xogadores; nun partido serio, no que apenas se cometeron erros. O resultado final sería de 32 a 21.

A seguinte xornada, o Laber Xiria, viaxa ata Pontevedra, para medirse ao Teucro.
Incidencias: Partido disputado non pavillón Carballo Calero ante un centear de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Xullo Villanueva Pérez e Abel Juncal López do colexio galego. Excluíron a Pedro Pereira (28´) e aFrancisco Rei (40´, 50´) por parte do Laber Xiria. 7 metros:  Laber Xiria  2/2 Bm Porriño 0/3
Marcador cada 5 minutos: 2-3, 6-6, 9-7, 11-8, 11-10, 14-13, descanso, 18-13, 21-15, 24-15, 26-16, 31-18, 32-21.
LABER XIRIA 32 ( 14 + 18 ): Antonio Mato [p], Samuel Castiñeiras [p], Manuel Souto [p],  Santiago Oreiro (1), Francisco Rei (1), José Varela (1), Andrés Vila (8), Alejandro Gómez (2), Ronaldo Durán (3), Andy Rei (5), Roi Alfeirán (5), Manuel Sánchez, Pedro Pereira (2), Andrés Urbieta (4).
BM PORRIÑO 21 ( 13 + 8 ): Alejandro Taibo [p], Samuel Roia (2), Fermín Bazaga (2), Martín Dávila (4), Carlos Alonso, Sergio Tandiño (3), Nahum Pérez (3), Jesús Estévez (3), Pablo Romeu (1), Saúl Vidal (2), Rodrigo Martínez, Mario Bernández (1)