Bo partido do Garaysa a pesar da derrota

Este pasado xoves, coincidindo con festivo, disputaba o Garaysa un partido fronte o Bm Porriño no pavillón do CEIP Fogar. O equipo carballés viña en progresión e buscaba manter esa liña de traballo.

De esta maneira o Garaysa entrou moi metido no partido. Na defensa e ,fronte a superioridade antropométrica do xogadores de Porriño, o carballeses prantexaban unha defensa presionante que mantiña aos atacantes lonxe das zonas de lanzamento. No respectivo ao ataque soupo intepretar ben a defensa,   tamen presionante dos visitantes, e con bos movementos sen balón era capaz de superar o rival. Deste xeito o partido mantiñase igualado con pequenas rentas para os carballeses. O descanso o marcador ía 14-13.

A volta do descanso a  tónica ía a ser a mesma.  O equipo carballés con unha boa movilidade era capaz de combinar  coas súas segundas liñas, facendo moito dano co xogo no pivote. Na defensa os folgos cada vez ían a menos debido o bo traballo de pernas durante todo o partido. De este xeito e despois de ir por diante no marcado dende o minuto 20 da primeira parte chegamos a os últimos 5 minutos do partido. Neste últimos minutos o cansanzo acumulado e os nervios fixeron que o ataque dos locais estivera moi estático e se chocase unha e outra vez coa cerrada defensa de Porriño , e así logrou poñerse por diante o equipo visitante. O final 25-27, que non empaña o bo traballo do Garaysa que está a crecer en cada partido.

GARAYSA XIRIA 25 (14+11) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García, Pedro Porteiro (1), Samuel Regueira (2), Ángel Viña (1), Samuel Veiga (4), Erik Vázquez, Pablo Veiga (4), Xurxo Fraga (4), Aarón Rodríguez (4) Alberto Rodríguez (5)

BM PORRIÑO 27 (13+14) Lucas Antunes, Xulio Fernández, Adrián Carreira (10), Roberto Castro (14), Efrén Fernández (3), Rodrigo Pereya , Iker Balado, Martín Bar, David Rodríguez, Hugo Rodríguez, Nicolás Giraldez, Josué Rodríguez, Alex Ocampo