Bo partido do Goldie Xiria para conseguir a primeira vitoria

Empeza a mostrar a súa versión está tempada o Goldie Xiria. As xogadoras vanse axustando ao novo modelo de xogo; e o esforzo dos adestramentos por fin vese recompensado.
Na xornada 3, da segunda Autonómica Feminina; en plenas festas de San Froilán, viaxaba na tarde do sábado o Goldie Xiria, ata Lugo; para enfrontarse ao Bm Lucus.
Pero non estaban para festas as carballesas que viaxaban con toda a intención de competir e conseguir os dous puntos. Empezaban o partido moi serias en defensa; o 6:0 ben axustado e apoiado na axudas; dando só as necesarias ante os continuos emparellamentos das locais que non conseguían situacións cómodas de lanzamento. Pola contra, as do Goldie, aproveitáronse da súa boa defensa para correr o contraataque; tanto en primeira como en segunda onda, o que proporcionou unha diferenza no marcador de 6 a 13 ao descanso.
Na continuación; as locais tentárono, pero as do Goldie moi concentradas durante todo o encontro non lles deixaron achegarse no marcador. Ao final 14 a 26, nun bo encontro onde se puido ver gozar a todo o equipo e conseguir os dous primeiros puntos da tempada.
A semana que vén, espéranos o derbi provincial na liga feminina. O Goldie Xiria; recibe ao Encaixe Camariñas, o domingo 15 ás 12:00 no pavillón Ceip Fogar.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Casa Dos Deportes de Lugo ante uns 150 seareiros. Colexiados: Blanca Vázquez e Diego Vázquez do colexio galego.

BM LUCUS 14 ( 6 + 8 ):  E. Vázquez, M. De Santalo (5), T. Carrete (3), G. García, C. Méndez, A. Sánchez, I. Real, L. Seijas (1), A. Ferreira (5), K. Hippert, S. Freire, C. Brenda.

GOLDIE XIRIA 26 ( 13 + 13 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (3), Alba Rodríguez, Támara Pombo (2), Natalia Solís (1), Jessica Posse (3), Elena Segade (6), Sheila Ferreiro (3), Raquel Gómez (4), Zeltia Landeira (4), Saray Couto e Soraya Martínez.