C.B. TECHNOVIDEO PONTEDEUME 15 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 32

18/12/2004 9ª XORNADA

CB. TECH. PONTEDEUME: Andrés, Diego ( 2 ), Sergio ( 2 ), Adrián ( 3 ), Pablo ( 1 ), Alejandro ( 3 ), David ( 4 )– equipo inicial – Jorge, Diego, Cristian, Emilio, Diego, Víctor, Jorge.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Miguel, Cuco ( 5 ), Queco ( 5 ), Hugo ( 1 ), Cristophe ( 2 ), Carlos ( 10 ), Gonzalo ( 4 ) – equipo inicial – Iván, Miguel Díaz, Alex, Anxo, Alberto, Chimpo, Aitor ( 5 ).

O Asesoría Sueiro Xiria acadou unha cómoda victoria ante o Pontedeume por 32 a 15, 9 – 15 no tempo de lecer, no Pavillón Municipal da Casqueira.

Con este resultado ten practicamente garantida a súa presencia na Liga Xuvenil Galega o Asesoría Sueiro, xa que no derradeiro partido da fase actual enfróntase o Tirso que se atopa a dous puntos o igual que o Bm. Camariñas, mais incluso unha derrota, sempre que sexa por menos de once goles, daría a clasificación ós carballeses.

Afrontou o encontro con bastante relaxación o Xiria, pero coa suficiente seriedade coma para non ter ningún atranco para conquerir os dous puntos en xogo. Pouco a pouco tódolos xogadores van asumindo o seu rol no equipo e isto convértese nunha garantía para futuros encontros.

A liga territorial disputa a súa derradeira xornada o día 15 de Xaneiro as 16:30 horas.

O colexiado Sr. Pereira Navaza non tivo complicacións.